Archivo (9 del 2023)

Buscador

Noticias

Foi presentada a oferta formativa 2023/2024 do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), unha entidade de prestixio na aportación de talento de calidade ao sector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) Neste ano vanse duplicar os cursos (113 fronte aos 47 de 2022/2023) e as prazas ofertadas (2.268 fronte a 1.000), así como os seminarios (94 fronte a 41). Actualmente unhas 13.000 persoas do sector TIC son usuarias do centro e que máis de 10.000 se teñen formado nel desde o 2009, 619 delas -pertencentes a 200 empresas- o ano pasado.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que a comunidade galega está a vangarda na loita contra o cambio climático e que a Xunta garante o equilibrio entre a protección da natureza e a actividade económica a través da primeira Lei do clima de Galicia -xa en tramitación- e da Lei de ordenación e xestión integrada do litoral, aprobada o pasado mes de xullo. Durante a súa intervención no II Observatorio dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, organizado en Madrid, Rueda asegurou que o cambio climático é un dos principais desafíos aos que se enfronta o planeta polo que implica a nivel social, económico e para a saúde.
A Fundación Aquae Querquennae – Vía Nova leva vinte anos traballando na posta en valor tanto do conxunto patrimonial, termal e arqueolóxico situado en Bande, no que destaca o conxunto no que conflúe o campamento militar e a mansión Aquis Querquennis, así como o itinerario da Vía Nova e que deu lugar á construción dunha serie de edificios que contribuíron a dar a coñecer Porto Quintela como un tesouro único en Galicia, onde gozar da historia, da cultura e das augas termais ao longo de todo o ano. Para conquerir estes obxectivos , conta coa aposta das admininstracións públicas no territorio coa creación do museo ou o centro de interpretación.
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, reivindicou o papel de Galicia como referente europeo e internacional na loita contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada pois contribúe a formar inspectores de todo o mundo para frear estas prácticas irregulares. Fíxoo durante a inauguración do III Curso de fortalecemento de capacidades para a aplicación do Acordo sobre Medidas do Estado Reitor do Porto, coordinado pola Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) en colaboración coa Autoridade Portuaria de Vigo e a Fundación MarInnLeg.
A Xunta mantén a prealerta por escaseza moderada de auga nos sistemas do río Lérez, en Pontevedra, do río Grande, en Ccamariñas e nos sistemas do río Anllóns, río Mero, Arteixo e ría da Coruña. Ademais continuará a aplicación de medidas equivalentes a un escenario de prealerta por escaseza no subsistema de Baiona, situado no sistema de explotación do río Verdugo, ría de Vigo e ría de Baiona, desde o cal se abastece o concello de Baiona. A directora e o xerente de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez e Gonzalo Mosqueira, respectivamente, participaron esta mañá unha nova xuntanza da Oficina Técnica da Seca. Cómpre lembrar que este ente está integrado polos técnicos de Augas de Galicia e representantes de Protección Civil, Meteogalicia, a Consellería do Medio Rural e a Consellería de Sanidade.
« Anterior | 3  de  3 | Siguiente »

Archivo

2024 (211)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES