Archivo (6 del 2018)

Buscador

Noticias

Construír pensando na eficiencia, analizando a contorna antes de comezar a edificar para garantir que a obra sexa autónoma, gastando a menor cantidade de enerxía posible. Este foi o fío condutor do XII Simposio sobre Enerxías Renovables celebrado en Expourense e no que 16 expertos de España e Suíza promoveron a edificación responsable e sostible. A xornada reuniu a un cento de profesionais que seguiron con interese as ponencias e participaron activamente na rolda de preguntas.
Tras los históricos incrementos de 2016 y 2017, el (S8) 9ª Mostra Internacional de Cinema Periférico convoca a 12.070 visitantes, un 8% por ciento más que la edición anterior. La 9ª Mostra ha estrenado mundialmente las obras ‘Vulture’, de Philip Hoffman, ‘Winter in Paris’, de Frield vom Gröller, ‘Reliefs’, de Tono Mejuto, ‘Ceniza verde’, de Pablo Mazzolo o ‘Mater Amatísima’, de María Ruido.
O escritor recibirá o vindeiro sábado a vixésimo cuarta edición da Homenaxe O/a Escritor/a na súa Terra - Letra E, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). Esta homenaxe comporta a entrega da Letra E (de escritora) e converte a Nacho Taibo en Socio de Honra da AELG. Esta iniciativa conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído como unha celebración na que a terra de adopción do homenaxeado cobra un protagonismo fundamental.
O rock, o jazz, a música indie ou a psicodelia serán algunhas das propostas programadas este ano polo Concello na Praza de San Martiño e na Praza do Ferro, con motivo das Festas de Ourense. Os escenarios instalados no corazón do Casco Vello acollerán un total de once actuacións, entre as que destacan nomes como os do músico Indomable, o grupo Tachenko ou os ourensáns De vuelta e The Phantom Dragters.
Varela Producciones, la Compañía de Teatro Social de Blanca Marsillach, viajará los días 20 y 21 de junio a Galicia para representar un proyecto de teatro social dirigido a personas con discapacidad, gracias al apoyo de la Xunta de Galicia. Un clásico, Lope de Vega consta de dos partes. La primera trata de una representación de aproximadamente 40 minutos en la que se interpretará una selección de varios textos del autor Lope de Vega.
Galicia Escena PRO, o mercado galego das artes escénicas que se celebra en Santiago de Compostela, ten preparada unha segunda xornada con cinco compañías galegas como protagonistas: Tanxarina, Borja Fernández, PT Excéntricas, Sarabela Teatro e Compañía Ensalle. A través delas dáse conta da variedade de estilos que ofrece a carteleira desta sexta edición do encontro.
O Orfeón Lucense, Coro da Catedral de Lugo, tivo a idea de pedir para Xesús Mato, o seu Director emérito, unha das Medallas Castelao que anualmente concede a Xunta de Galicia. Sendo Mato fillo predilecto deste Concello, o Goberno municipal recolleu o anceio desta agrupación coral, acordando no pleno de 22 de marzo de 2018 “mostrar o apoio e solicitar da Xunta de Galicia se lle otorgue a Xesús Mato Mato a Medalla Castelao do presente ano”.
O sistema de abarloamento para rescate de persoas (S.A.R.P.) é un sistema desenrolado e patentado por Industrias FERRI, único no mundo, deseñado para mellorar a seguridade das persoas nos rescates de embarcacións precarias en mar aberto. Arestora traballan na fabricación do primeiro prototipo, que tenta amortecer as diferenzas de movemento entre a embarcación de salvamento e a patera para garantir ao máximo a seguridade das persoas e evitar accidentes e afogamentos.
Hoxe presentouse oficialmente o cartel e as novidades da 35º Edición da Carballeira de Zas, cita obrigada para todos os amantes do folk celebrado na primeira fin de semana de agosto (venres 3 e sábado 4). A presentación fíxose da man da Vicepresidenta e Responsable da área de Cultura da Deputación de A Coruña, Goretti Sanmartín, o alcalde de Zas, Manuel Muíño, o Director do Festival, Fidel Otero e o responsable de patrocinios musicais de Estrella Galicia Víctor Mantiñán.
Gastronomía e música daranse a man o vindeiro día 30 de xuño nas Burgas, no marco do Enofestival 2018, dentro da programación das Festas de Ourense. Esta mañá tivo lugar a presentación do certame, que contará coa participación dos grupos Cooper, Anaut e Mad Mission, cuxa música combinarase coa degustación dos viños de Adegas Celme, Grupo Reboreda Morgadío, Cunqueiro, Vilerma, Eduardo Bravo e Pablo Vidal.
« Anterior | 3  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (152)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES