Notas de prensa

O Concello de Paradela celebra a Medalla Castelao de Xesús Mato Mato

O Orfeón Lucense, Coro da Catedral de Lugo, tivo a idea de pedir para Xesús Mato, o seu Director emérito, unha das Medallas Castelao que anualmente concede a Xunta de Galicia. Sendo Mato fillo predilecto deste Concello, o Goberno municipal recolleu o anceio desta agrupación coral, acordando no pleno de 22 de marzo de 2018 “mostrar o apoio e solicitar da Xunta de Galicia se lle otorgue a Xesús Mato Mato a Medalla Castelao do presente ano”.

Formulada a petición á Xunta de Galicia, comezaron a recibirse adhesións a esta petición que foron sendo remitidas á institución autonómica, resultando un total de 2.157 sinaturas as recibidas, sendo delas 258 correspondentes a institucións, asociacións ou empresas, constituindo en conxunto a proba de apoio popular, institucional, municipal e de colectivos culturais a este singular persoeiro da Igrexa e da Cultura que ve recoñecida unha longa e intensa traxectoria de entrega á súa vocación relixiosa que inclúe un inmenso amor por Galicia, as súas xentes, o seu idioma, a súa música e o seu ser.

O Concello de Paradela, orgulloso de que Xesús Mato vise aquí a luz primeira, e sexa parte viva da nosa historia e da nosa actualidade, felicita a Xesús Mato Mato por esta merecida distinción, e agradece a todas as institucións, asociacións, empresas e particulares, o seu apoio, sen dúbida decisivo para conseguir este magnífico e xusto galardón.

Concello de Paradela, 2018-06-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-ordenador.jpg) A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mínimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
Foto de la tercera plana (tecnologia.jpg) Foi presentado o evento The Way Startup Summit 2024, que un ano máis convertirá a Vigo no maior foro de emprendemento, innovación e investimento no Noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional. O programa de They Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, así como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e propíciense sinerxias entre eles. The Way desenvolverase os días 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das FinTech, da mobilidade, da alimentación, do retail, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.

Notas

Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalían os avances no seu traballo.
O grupo de investigación sobre Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI da UDC organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES