A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra-Letra E, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chega este ano á súa vixésimo cuarta edición recaendo por decisión unánime da súa Asemblea de Socios e Socias na figura de Nacho Taibo, que será homenaxeado no Concello de Oleiros.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituÃdo ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de adopción do homenaxeado cobra un protagonismo fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular na que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor/a (unha peza escultórica asinada por un/ha recoñecido/a artista galego/a, neste caso Alejandra Sampedro), a plantación dunha árbore simbólica (un carballo elixido polo propio autor) e a colocación dun monólito conmemorativo.
A AELG conta co apoios da Deputación Provincial da Coruña, da ConsellarÃa de Cultura, do Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO) e do Concello de Oleiros.
PROGRAMA DE ACTOS
11:30 Rúa MarÃa Soliña, Santa Cruz (Oleiros)
Descubrimento do Monólito conmemorativo e plantación do carballo (árbore simbólica do escritor)
Interveñen:
• Ãngel GarcÃa Seoane, Alcalde de Oleiros
• Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidente da AELG
• Nacho Taibo
12:30 Salón de actos do Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
Acto de entrega da “Letra E”
Interveñen:
• Mercedes Queixas Zas, Secretaria Xeral da AELG
• Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidente da AELG
• Inmaculada Otero Varela: Laudatio
Entrega da peza escultórica da artista Alejandra Sampedro
• Intervención do homenaxeado: Resposta á laudatio por parte de Nacho Taibo
• Ãngel GarcÃa Seoane, Alcalde de Oleiros
14:30 Hotel As Galeras (Rúa Antonio J. de Sucre, 17)
Xantar de confraternidade.
Nacho Taibo é esoutro Ulises que triangula polo ángulo case recto da Galiza os recantos lendarios de Grecia e Irlanda, para abrir logo, en xeometrÃa libertaria, as arestas cara os espazos atemporais de Brasil, Italia e outros mares. As cartas de navegación trazan o itinerario da súa biografÃa rica en experiencias e vizosa no fabular porque, á fin, a ficción é tamén vivencia, un modo de transitar espazos reais e subxectivos no que sempre fica lugar para o compromiso cunha xustiza que asenta os pés na terra que pisan os homes e mulleres de ningures. As boas familias que mercan a súa posición con cartos manchados polo po da explotación non poden coutar a loita dos seres pacÃficos, a memoria dos que pairan nas augas dos perdedores, aqueles aos que se converte en vencidos das guerras, dos conatos de democracia, das ilusións do progreso económico ou das colonizacións. Posto que a fantasÃa da historia non sempre é utopÃa, como viaxar polo tempo non sempre é invención, os relatos que apalpan os acontecementos do pasado precisan a seguranza de experimentar co discurso e a vangarda no pensar. Precisan de Ulises que fondeen as illas nas que a verdade é soño e o soño, un acto real.
ANTERIORES MERECEDORES/AS DESTE GALARDÓN
I Edición
ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS
1995 • Boa, Taramancos
II Edición
BERNARDINO GRAÑA
1996 • Cangas do Morrazo
III Edición
MANUEL MARÃA
1997 • Outeiro de Rei
IV Edición
MARÃA XOSÉ QUEIZÃN
1998 • Vigo
V Edición
XOSÉ NEIRA VILAS
1999 • Gres, Vila de Cruces
VI Edición
UXÃO NOVONEYRA (póstumo)
2000 • Parada do Courel
VII Edición
LUZ POZO GARZA
2001 • Ribadeo
VIII Edición
XOSÉ CHAO REGO
2002 • Vilalba
IX Edición
XOSÉ FERNÃNDEZ FERREIRO
2003 • Nogueira de RamuÃn
X Edición
SALVADOR GARCÃA-BODAÑO
ZUNZUNEGUI
2004 • Teis, Vigo
XI Edición
PURA E DORA VÃZQUEZ
2005 • Ourense
XII Edición
MARÃA DO CARME KRUCKENBERG
2006 • Vigo
XIII Edición
MANUEL LOURENZO
2007 • O Valadouro
XIV Edición
XOSÉ VÃZQUEZ PINTOR
2008 • Melide
XV Edición
AGUSTÃN FERNÃNDEZ PAZ
2009 • Vilalba
XVI Edición
MARILAR ALEIXANDRE
2010 • Santiago de Compostela
XVII Edición
PACO MARTÃN
2011 • Lugo
XVIII Edición
XAVIER RODRÃGUEZ BAIXERAS
2012 • Ribadeo
XIX Edición
MARICA CAMPO
2013 • O Incio
XX Edición
XABIER P. DOCAMPO
2014 • Castro Ribeiras de Lea
XXI Edición
XOSÉ MARÃA ÃLVAREZ CÃCCAMO
2015 • Vilaboa
XXII Edición
HELENA VILLAR JANEIRO
2016 • Rianxo
XXIII Edición
MARÃA PILAR GARCÃA NEGRO
2017 • Lugo
Foto: Santos-DÃez