Archivo (6 del 2017)

Buscador

Noticias

Galicia defínese como un destino de contrastes con infinidade de posibilidades que fan dela un destino atractivo durante os 365 días do ano. O presidente da Xunta reuniuse co viceministro de Relacións Internacionais, Guo Yezhou e destacou atractivos como a Ruta da Camelia e a Muralla de Lugo, Patrimonio da Humanidade, irmandada coa Gran Muralla China desde 2007.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria propuxo no Consello Galego de Universidades (CGU) comezar a traballar o vindeiro mes de setembro na posibilidade de adiantar ao mes de xullo a realización da proba extraordinaria de acceso á universidade, que ata o momento se vén realizando en setembro.
Trátase de hoteis, restaurantes, casas rurais e portos deportivos certificados. Grazas a esta ampliación a marca de garantía conta na actualidade cun total de 38 hoteis, restaurantes, casas rurais e portos deportivos certificados e busca dirixirse aos novos turistas nas redes sociais.
Aromas de Mimosas, que comeza o martes 13 de xuño na filmoteca galega, repasa a influencia dalgúns dos referentes cinematográficos na obra do cineasta galego gañador da Semaine de la Critique de Cannes. O autor programa, ademais, varios destes títulos, todos eles de grandes mestres do cine moderno como Andrei Tarkovski, Roberto Rosselini ou Monte Hellman.
O concerto de apertura da quinta edición contará cunha estrea mundial do compositor Toshio Hosokawa a cargo de Vertixe Sonora Ensemble. A performer e calígrafa nipoa Aoi Yamaguchi, e a videoartista Masako Hattori participan na sesión inaugural en Pontevedra. Trátase da estrea mundial de “Souvenir aus Japan”, dúas estreas en España e a reestrea dunha partitura de 1981, perdida e agora recuperada.
O logotipo, presentado na Feira Internacional de Galicia Abanca, serve para protexer as razas autóctonas preservando o patrimonio xenético animal e o mantemento dos sistemas de cría extensivos. Reafírmase o apoio do Goberno galego a este sector no eido da recuperación, conservación e fomento da raza porcina celta galega.
Presentouse a cuarta edición da campaña "Para estudar, Lugo", que contribuíu a elevar ata o 71% o nivel de ocupación das prazas ofertadas. Ofrécense descontos do 50% do custe da matrícula nun total de 10 graos dos 15 que se imparten no Campus Terra. Aumenta tamén a oferta de cursos de verán da USC.
O mercado nacional supuxo o ano pasado o 77,3% da demanda turística regrada e Castela e León foi o segundo territorio que maior número de visitantes trouxo á Comunidade. O Camiño de Santiago, a gastronomía, o termalismo, o turismo activo e a cultura e patrimonio ocuparon tamén varias das sesións de traballo desta xornada.
As dúas autoras foron as gañadoras do premio do xurado e do premio da audiencia da Radio Galega (RG) polas obras "O quinto inverno" e "Un bo final", respectivamente. Ambos os traballos acaban de ver a luz nun libro-disco dispoñible na Libraría Institucional da Xunta de Galicia (www.libraria.xunta.gal).
Con esta declaración, esta festividade súmase ás máis de 130 festas de interese turístico coas que conta a Comunidade galega. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, reuníronse coa directiva da Confraría da Semana Santa desta localidade coruñesa.
« Anterior | 3  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (134)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES