A Xunta declarará a Semana Santa de Betanzos Festa de Interese TurÃstico de Galicia
Con esta declaración, esta festividade súmase ás máis de 130 festas de interese turÃstico coas que conta a Comunidade galega. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, reunÃronse coa directiva da ConfrarÃa da Semana Santa desta localidade coruñesa.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, reunÃronse coa directiva da ConfrarÃa da Semana Santa de Betanzos, nun encontro no que se avanzou que esta festividade acadará a clasificación de Festa de Interese TurÃstico de Galicia.
Durante o encontro, púxose en valor o potencial desta celebración, que ano a ano reúne a milleiros de betanceiros e visitantes e que conta cunha gran tradición na comarca que nos últimos anos ampliou considerablemente o número de pasos, procesións e participantes. Unha celebración na que destaca a súa procesión de Domingo de Ramos, as conmemoracións do Xoves Santo e Venres Santo e a especial beleza da procesión coñecida como Os Caladiños.
Valores todos eles que, xunto a súa tradición, singularidade, arraigamento e valor cultural a fan merecedora deste novo recoñecemento como festa de interese turÃstico de Galicia. Un recoñecemento que se atopa nas súas últimas fases, tan só pendente da súa aprobación no Consello da Xunta.
Con este recoñecemento, esta Semana Santa de Betanzos sumarase ás máis de 130 festas de interese turÃstico coas que conta a Comunidade galega, das que nueve son de interese turÃstico internacional, 11 de interese turÃstico nacional e 115 de interese turÃstico galego.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-06-06
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mÃtica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a “Bauhaus galega” polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de paÃses en Europa e América. En palabras de Román RodrÃguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vÃas de encontro coa cidadanÃa, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de QuÃmica será entre os dÃas 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e NanotecnoloxÃa AnalÃtica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, EspectroscopÃa e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e TecnoloxÃas (Bio) AnalÃticas da Real Sociedade Española de QuÃmica (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso paÃs. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.