Preséntase o selo 100% autóctona que ampara as producións de porco celta
O logotipo, presentado na Feira Internacional de Galicia Abanca, serve para protexer as razas autóctonas preservando o patrimonio xenético animal e o mantemento dos sistemas de crÃa extensivos. ReafÃrmase o apoio do Goberno galego a este sector no eido da recuperación, conservación e fomento da raza porcina celta galega.
A directora xeral de GandarÃa, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, asistiu en Silleda á presentación do novo selo “100% Raza autóctona celta” de porcino. Neste acto, que tivo lugar no marco da Feira Internacional de Galicia Abanca, degustáronse produtos da raza autóctona galega porco celta, acompañados de viños galegos. A directora xeral destacou o pulo e prestixio acadados por estas producións na nosa comunidade e reafirmou o apoio da Xunta a esta iniciativa e, en xeral, ao traballo que desenvolven os criadores agrupados na asociación Asoporcel, cos que a ConsellerÃa do Medio Rural mantén unha colaboración constante para a recuperación, conservación e fomento da raza porcina celta.
Co selo presentado hoxe búscase protexer as razas autóctonas, neste caso do porco celta, preservando o patrimonio xenético animal e o mantemento dos sistemas de crÃa extensivos, que maioritariamente se empregan para a súa explotación. Isto supón un beneficio para a sustentabilidade do medio rural e do medio ambiente e permite realzar e potenciar a calidade destas razas. Ademais, con este logotipo facilÃtaselle ao consumidor máis información sobre o produto, á vez que para os produtores destas razas supón unha vantaxe comercial ao estaren todas elas catalogadas como razas en perigo de extinción.
Asoporcel agrupa actualmente un total de 120 gandarÃas, das que 11 incorporáronse neste mesmo ano, e hai máis en tramitación. Este feito –salientou a directora xeral– demostra a boa marcha da raza autóctona, que vai na liña do resto do sector porcino na nosa comunidade, especialmente en canto aos volumes de produción e os prezos.
O porco celta é unha das razas autóctonas gandeiras de Galicia. No seu fomento desempeña un papel fundamental Asoporcel, asociación creada no ano 1999 para dar cabida aos criadores de porco celta. Nese ano outorgóuselle por parte da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria o recoñecemento oficial como entidade colaboradora na recuperación e fomento da citada raza. Hoxe en dÃa é a entidade oficialmente recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia para a xestión do libro xenealóxico da raza porco celta, de acordo co Decreto polo que se establece o Catálogo oficial de razas gandeiras autóctonas de Galicia, se regula o recoñecemento oficial das asociacións de criadores que creen ou xestionen libros xenealóxicos e se aproban os programas para a súa conservación, mellora e fomento.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-06-08
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mÃtica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a “Bauhaus galega” polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de paÃses en Europa e América. En palabras de Román RodrÃguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vÃas de encontro coa cidadanÃa, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de QuÃmica será entre os dÃas 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e NanotecnoloxÃa AnalÃtica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, EspectroscopÃa e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e TecnoloxÃas (Bio) AnalÃticas da Real Sociedade Española de QuÃmica (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso paÃs. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.