Archivo (10 del 2017)

Buscador

Noticias

O Auditorio de Galicia acolleu unha nova xuntanza do renovado Consello Municipal de Turismo. Na orde do día tratáronse tres puntos destacados: análise dos principais resultados turísticos do 2017, presentación das principais liñas de traballo para a elaboración do Plan Estratéxico de Turismo 2017-2022, e presentación por parte do catedrático Luis Caramés do seu informe sobre a Taxa Turística.
O Arquivo da Real Academia Galega recibiu a doazón da tradución das Sonatas de Ramón María del Valle-Inclán ao galego realizada por Rafael de Castro García. Ademáis a RAG concede os premios do proxecto Primavera das Letras concibido para coñecer e difundir como celebraron o Día das Letras Galegas os centros educativos dos máis pequenos.
A Xunta se congratula da inclusión da candidatura Illas Cíes-Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia na lista indicativa española e apela a que o resto de institucións, organizacións e asociacións se sumen a esta candidatura conxunta,o que se destaca como boa nova para Galicia.
La alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidió la tradicional ofrenda floral de la Corporación Municipal al patrón de Lugo, San Froilán. La regidora felicitó las fiestas a los vecinos y vecinas y los invitó a seguir disfrutando de los espectáculos y de hacer ciudad en las calles.
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e o catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago, presentaron no Pazo de Raxoi as principais liñas dun estudo sobre a implantación da Taxa Turística en Santiago. Este estudo será presentado ao sector en detalle na próxima reunión do Consello Municipal de Turismo, o 9 de outubro.
Víctor F. Freixanes impartiu a conferencia inaugural do XIX Simposio Pondaliano, que se desenvolve todos os martes do mes de outubro na sede da Fundación Eduardo Pondal na aldea do Couto de Ponteceso. Víctor F. Freixanes ofreceu unha intervención titulada "A saúde da lingua e literatura galegas" na que incidiu na importancia de contar coa mocidade para garantir o futuro do idioma.
Organizada por Turismo de Galicia, a exposición itinerante percorre con éxito varias cidades para homenaxear aos hospitaleiros voluntarios. É unha homenaxe a todos os hospitaleiros voluntarios a través dunha selecta colección de fotografías de Manuel G. Vicente que foron tomadas nas últimas décadas. A mostra pretende difundir os valores xacobeos ao longo da Vía da Prata.
A Consellería de Cultura apoia a proxección do sector editorial galego na nova edición deste encontro profesional, que se celebra en Madrid do 4 ao 6 de outubro. A cita, consolidada como primeira mostra dedicada ao libro en lingua española en Europa e como principal centro de negocio e intercambio profesional do sector e con especial atención aos contidos dixitais.
O Salón Nobre de Fonseca acolleu o acto inaugural da celebración dos 50 anos dos estudos de economía en Galicia, impulsada pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago. O curso 1967-68, hai medio século, foi o da apertura do centro compostelán, fito que serve como punto de partida destes estudos no país.
A orquestra ofrece dúas actuacións de A sonámbula, do compositor italiano Vincenzo Bellini, en versión concerto: o venres 6 no compostelán Auditorio de Galicia, e o domingo 8 de outubro no Teatro Afundación de Vigo. É unha coprodución da Real Filharmonía de Galicia e o Outono Lírico de Amigos da Ópera de Vigo.
« Anterior | 4  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (152)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES