No primeiro punto, dende Turismo de Santiago presentouse unha análise cos principais datos de pernoctacións publicados polo INE ata o momento. Os datos amosan que a cidade está vivindo un grande ano turÃstico, coa previsión de que ao final de ano se alcancen as cifras históricas do Ano Santo 2010, con 1.430.000 pernoctacións.
Os datos do INE amosan tamén que o crecemento constante en número de pernoctacións na cidade nos últimos anos estase producindo grazas ao importante incremento do turismo internacional. AsÃ, mentres que, no Ano 2010, o 71,6% das pernoctacións foi de turismo doméstico e só o 28,4% de turismo internacional, neste 2017, o turismo internacional roldará xa o 50% do total.
As cifras indican igualmente que Santiago está vivindo unha desestacionalización paulatina nos últimos anos, con mellores cifras ao longo do ano, pero especialmente nas temporadas baixas e media. Na temporada baixa deste ano, entre novembro do 2016 e febreiro do 2017, a cidade tivo máis de 320.000 pernoctacións, a segunda mellor cifra da serie histórica, só tras o Ano Santo 2010. Pola súa parte, a temporada media deste ano 2017, de marzo a xuño, foi xa a mellor da historia, por riba incluso do Ano Santo 2010.
A continuación, a empresa Valora, gañadora do concurso municipal para a elaboración do Plan Estratéxico de Turismo 2017-2022, fixo unha presentación das principais liñas de traballo que seguirá nas vindeiras semanas. Será un plan de carácter participativo, cos seguintes obxectivos principais:
- Coñecer á realidade actual da situación turÃstica da cidade mediante un Plan de Concertación, elaborado a partires de enquisas, entrevistas personalizadas e mesas de traballo co sector, e o análise de fontes de información.
- Avaliar a sustentabilidade e a eficiencia na xestión dos fluxos turÃsticos, analizando ás necesidades de gravames e taxas, asà como as medidas contra a oferta de aloxamento non regulada.
- Definir as liñas de traballo estratéxicas e as accións a desenvolver para o turismo nos próximos anos.
Finalmente, o profesor Caramés presentou o seu informe sobre a Taxa TurÃstica, no que se conclúe que a implantación desta Taxa en Santiago serÃa unha medida apropiada, sempre que se fixera dunha maneira proporcionada, tendo en conta as diferentes temporadas e tipos de aloxamento, e utilizando ademais tipos moderados. O proceso de introdución da Taxa deberÃa de ir precedido dun diálogo co sector para amosarlles as razóns que motivarÃan a medida, explicándolles que o produto da Taxa servirÃa para financiar capÃtulos vinculados co turismo, de tal xeito que o propio sector se verÃa directamente beneficiado.