Notas de prensa

Un estudo do catedrático da USC Luis Caramés recomenda a Taxa Turística en Santiago

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e o catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago, presentaron no Pazo de Raxoi as principais liñas dun estudo sobre a implantación da Taxa Turística en Santiago. Este estudo será presentado ao sector en detalle na próxima reunión do Consello Municipal de Turismo, o 9 de outubro.

Segundo Marta Lois, Santiago está vivindo un gran crecemento turístico nos últimos anos, un crecemento que é previsible que continúe dun xeito moi importante ata o ano 2021. Por iso, apuntou que é preciso desenvolver ferramentas que permitan ordenar este crecemento, de tal xeito que se podan evitar problemáticas que afectarían ao futuro do sector, como a masificación da Catedral e das súas prazas, a excesiva estacionalidade ou peso esaxerado do excursionismo dunhas horas e pouco gasto fronte a turismo de calidade na cidade.

A concelleira apuntou que, neste contexto de crecemento, e ante as problemáticas que poden xurdir nos próximos anos, o obxectivo do Goberno municipal é continuar desenvolvendo un modelo de turismo sostible e ordenado, compatible cos usos locais da cidade, especialmente do Casco Histórico. Por este motivo, o Concello solicitou ao catedrático de Economía Aplicada e experto en fiscalidade da USC, Luis Caramés, que elaborase un estudo sobre a implantación da Taxa Turística en Santiago.

Neste traballo do profesor Caramés apúntase que a Taxa Turística non é ningunha novidade. En Francia, unha lei de 1919 xeneralizou o seu uso, que comezou uns anos antes en municipios con balnearios e similares, coa intención de xerar recursos para mellorar as infraestruturas turísticas, naquel momento pouco competitivas en comparación coas xermanas e austro-húngaras.

O estudo amosa tamén que a Taxa Turística municipal é algo habitual en Europa. Non só ten unha ampla penetración en Francia, onde xa leva implantada máis dun século, senón que ten unha presenza moi importante en países como Italia, onde máis de cen cidades contan cunha Taxa turística propia, e Portugal, onde Lisboa, Cascais e Santa Cruz (Madeira), xa a aplican, e Porto comezará a aplicala no 2018.

No documento tamén se apuntan os casos de moitos dos destinos urbanos máis importantes do resto de Europa, que tamén contan cunha Taxa Turística, como Berlín, Bruxas, Bruxelas, Xenebra ou Amsterdam. Segundo o estudo, a análise da experiencia de todas estas cidades amosa que a implantación da Taxa Turística non repercute negativamente sobre o volume de turistas.

O estudo conclúe que a implantación dunha Taxa Turística en Santiago sería unha medida apropiada, sempre que se faga dunha maneira proporcionada, tendo en conta as diferentes temporadas e tipos de aloxamento, utilizando ademais tipos moderados. O proceso de introdución da Taxa debería de ir precedido dun diálogo co sector, para amosarlles as razóns que motivarían a medida, explicándolles que o produto da Taxa serviría para financiar capítulos vinculados co turismo, de tal xeito que o propio sector se vería directamente beneficiado.

Gabinete de Comunicación do Concello de Santiago de Compostela, 2017-10-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (emprego-oficina.jpg) Por que o universo dos activos dixitais semella un mundo masculino? Por que a maioría de ‘influencers’ do mundo cripto que saen á palestra son homes? Está equilibrada a proporción entre homes e mulleres nos consellos de administración das empresas? Estas son algunhas das preguntas ás que se deu resposta este luns na VI Xornada de igualdade de xénero e Dereito Mercantil, actividade dirixida desde a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo polas docentes Sara Louredo e Ana Mª Aido e para a que, nesta ocasión, se contou coa participación de dúas profesoras expertas en Dereito Mercantil: Vanessa Jiménez, da Universidad de Salamanca, e Josefina Boquera, da Universidad de Valencia.
Foto de la tercera plana (20240423-xunta.jpg) Un total de 23 os equipos de 19 colexios e institutos participaron no lanzamento de satélites elaborados por parte de centros educativos galegos no marco da fase autonómica do programa da Axencia Espacial Europea Cansat 2024, que se desenvolveu no aeródromo das Gaivotas, en Cerceda. A xornada desenvolveuse arredor de tres actividades: un obradoiro de foguetes químicos e de auga impartida polo alumnado do Centro Público Integrado O Cruce (Cerceda), unha exhibición de drons a cargo de Aeromedia e o lanzamento dos satélites. O secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Manuel Vila, acompañou os alumnos nesta xornada.

Notas

O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC participa na organización do primeiro Congreso Internacional sobre Feminismos e Humor ‘HumorSofías’, que se desenvolverá os días 7 e 8 de maio na facultade compostelá de Filoloxía. A inscrición no encontro, organizado ademais pola Universidade Complutense de Madrid e o Middlebury College con financiamento da Deputación da Coruña, é gratuíta ate completar aforo.
Desde principios do ano 2023, persoal investigador das universidades de Vigo e Oviedo e da empresa EOSOL Ingeniería desenvolven o proxecto Antennas for Underground Communications. O seu obxectivo é proporcionar á Axencia Espacial Europea (ESA) o deseño conceptual dunha antena de comunicacións que poida funcionar no interior de covas da Lúa. A súa proposta vén de someterse con éxito a ensaios técnicos no campus de Ourense.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES