Actualidad de Galicia

Foto de la noticia destacada (estudantes.jpg) Galicia reduce a taxa de alumnado repetidor a mínimos en todas as etapas educativas e sitúase mellor que a media de España tanto en Educación Primaria como en Secundaria e en Bacharelato, segundo constatan os últimos datos estatísticos feitos públicos polo Ministerio de Educación correspondentes ao curso 2022-23. Así pois, o sistema educativo galego rexistra as mellores cifras neste eido nos últimos seis cursos, sen contar os da pandemia, onde se flexibilizaron os criterios de promoción por mor do contexto sanitario daquel momento. Ademais, sitúase no grupo de cabeza das comunidades autónomas con menos repetidores.

Opinión

OpinionPermitídeme que non fale de nada actual, e sen embargo, máis de hoxe que as novas 'frescas'. Afeitos a escoitar 'por riba de' outras voces, novas, cousas, o que rematamos a facer é atarefarnos en oír máis que en escoitar e comprender. Quedamos nunha primeira fase, que xa nos costa, na que identificamos sons, c...
Gregorio Montes, Antonio

Opinión

Buscador de Opinión

Actualidad de Galicia

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura súmase en maio á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano á música, profesora e poeta Luísa Villalta, cunha variada programación divulgativa destinada a dar a coñecer a súa figura e a súa obra a toda a cidadanía. Ao longo do mes das Letras, o Gaiás organiza propostas como unha lectura participativa de poemas, un encontro con rapazada de centros de ensino, unha exposición bibliográfica ou dúas propostas teatrais —para público adulto e público familiar—. A primeira destas actividades será o mércores 8 de maio, e consistirá nun encontro entre alumnado de dous dos institutos nos que Luísa Villalta se desempeñou como profesora e activista cultural, isto é, o IES de Canido de Ferrol e o IES Xosé Neira Vilas de Oleiros.

Notas de Galicia

Desde este xoves a Sala Alterarte do campus de Ourense acolle a exposición De pictura, con obras do artista Juan Carlos Meana (Vitoria-Gasteiz, 1964-Pontevedra, 2023) e comisariada polo profesor da Universidade de Vigo Xosé Manuel Buxán. A mostra, que pon o foco na faciana máis pictórica do homenaxeado, enmárcase no ciclo expositivo Reciprocidade, coordinado por Javier Blanco Sierra, e será a que peche a programación desta sala do curso académico 2023/2024.

Opinión

Buscador de Opinión

Actualidad de Galicia

Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura volve acoller a colorida e festiva carreira Holi Gaiás, que vai pola súa sexta edición. A proba terá lugar o 8 de xuño nos exteriores do complexo e contará cun percorrido especial para a cativada entre 4 e 9 anos, a Peque Holi. A actividade contará un ano máis coa súa tradicional poeira de cores e con animación previa e posterior á proba, con música e coreografías que animarán aos participantes. O obxectivo é gozar coa práctica deportiva nun enclave como é Gaiás, coa súa característica arquitectura e co seu gran pulmón verde, o Bosque de Galicia.

Notas de Galicia

O Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC presentou este xoves na facultade de Filoloxía o nodo galego da rede CLARIAH-ES, conformado polo propio ILG e polo Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da USC. CLARIAH-ES é unha infraestrutura dixital de investigación distribuída que forma parte dos consorcios europeos de investigación CLARIN -para o tratamento da linguaxe no eido da informática- e DARIAH -centrada no ensino e na investigación no ámbito das humanidades dixitais-.

Cuarenta años no es nada... (por Antonio Esteban)

Foto de la noticia destacada (manuel_garcia.jpg) Se llama Manuel García.
García Pérez, Manuel.
¡Ay, si fuera como él!
No tengo su puntería.
ver todas

Humor (por Sabela Arias Castro)

Humor
 

 
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES