Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Celebrar o traballo

miércoles, 01 de mayo de 2024
Hoxe é o día do traballo e, como sempre, a rúa é unha festa. Unha festa na que os protagonistas son os dereitos conseguidos. Conseguidos, non doados altruistamente pola filantropía barata que nos venden.

Celebrar o traballo é celebrar a sorte de gozar dunha autonomía que nos permita desenvolver un proxecto vital. Tamén é celebrar que temos unha actividade profesional que nos enche o tempo e o espazo permitíndonos manter relación con certas persoas, sexan ou non do noso estilo.

Tamén hai que celebrar todo o que se avanzou. Hoxe temos unha seguridade social que nos protexe en caso de infortunio. Tamén sabemos protexida á nosa familia. Agora ben, temos que ter moi claro que un dereito non é unha dádiva nin pode depender de ninguén que non sexa o estado democrático, social e de dereito. Outra cousa que debemos ter moi clara, é que os dereitos son innegociables, é así o di a lei.

Sería bo neste día non darlle as grazas a ninguén agás aquela xeración que foi capaz de loitar pola liberdade ata construír unha democracia. Máis alá desta xeración debemos ter claro que o cumprimento dos dereitos nin se negocia nin se agradece. Isto é o que verdadeiramente hai que celebrar: Somos libres e temos dereito a un traballo digno que nos permita facer o propio camiño sen deberllo a ninguén. Quizais sexa isto a esencia da liberdade que nos deixa a democracia. Como canta Miro "Viva o mundo do traballo".
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES