Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Asesorías do Estado

jueves, 07 de noviembre de 2013
De sempre, neste país –Estado- houbo un corpo de prestixio denominado “abogacía do Estado” formado por destacados funcionarios, expertos en Leis, que asesoraban ás diversas ramas da Administración nos máis diversos aspectos para que se respectase a Lei, as Leis fosen acordes coas necesidades do país, e se advertise da improcedencia diante de calquera decisión errónea ou desaxustada coa legalidade vixente.

E sen embargo, ninguén fixo advertencia, ou non se lle fixo caso, de que a chamada “doctrina Parot” podía non ser sostible porque a súa retroactividade non podía aplicarse en determinados casos moi sensibles. Deso non se enteraron nin os avogados do Estado, nin os tribunais de xustiza que a aplicaron (todo o mundo pensa que Parot é un xurista e resulta ser un terrorista que servíu como exemplo de aplicación), nin o Ministerio de Xustiza nin todo o entramado pensante da cúpula do Estado español.

Se esto era unha espada de Damocles que pendía sobre as nosas cabezas, xa se anuncia outro posible fallo en contra, no que os altos tribunais da UE en Luxemburgo anularían o chamado “céntimo sanitario”, ese imposto que agora vai ser de arredor de cinco céntimos en cada litro de combustible, que de declararse ilegal obrigaría ao Estado español a devolver arredor de trece mil millóns de euros aos consumidores que reclamaran, sempre que conservaran o correspondente ticket de compra.

Diante das sentencias de tan altas instancias, a primeira tentación é pensar que nos teñen manía, e que nos persiguen para manternos controlados e suxeitos. Pero se o pensamos ben parece estar moi claro que tarde, mal e árrastro, pagamos as consecuencias da imprevisión, da impericia e da chapuza na que parecemos ser os mellores especialistas europeos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania