Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Foi en Paradela

miércoles, 06 de noviembre de 2013
Quen llo ía dicir a Manuel Rodríguez que ía propiciar unha xuntanza de alto nivel en Paradela, co gallo da exposición que leva o nome. O mesmo Manuel sonríría sorprendido ao ver que na súa Casa da Cultura se asinaba o convenio entre a Xunta de Galicia e a Real Academia Galega que garante o funcionamento desta institución durante o presente ano.

As cousas nunca son casuais, ou si segundo se mire, pero é que ese día inaugurabamos en Paradela a exposición homenaxe a Manuel Rodríguez López, un magnífico traballo comisariado polo fillo do escritor, Santiago Rodríguez, dirixido polo director de Galicia Digital, Antonio Giz, e executado técnicamente de xeito impecable pola empresa lucense Deseño, que recibíu as loubanzas de todos os presentes.

Entre as autoridades na inauguración, naturalmente o Alcalde de Paradela, Xosé Manuel Mato; o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García; e o Presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero. Como entrambas autoridades tiñan pendente o asinamento do convenio entre a Xunta e a Real Academía por 235.000 €, conviñeron en facelo en Paradela, xa que alí se xuntaban. E despois do acto de inauguración, na Biblioteca da Casa da Cultura “Manuel Rodríguez López”, asinaron o convenio diante do Alcalde, a Presidenta de O Penedo-Fogar Galego de Barcelona, Yolanda Díaz, o Presidente do Pen Club de Galicia, Luis González Tosar, membros da familia de Manuel Rodríguez, Antonio Giz e un servidor.

De paso, os asinantes fixérono tamén no Libro de Honra do Concello de Paradela, concello anfitrión, que ten nomeado fillo predilecto a Manuel Oreste Rodríguez López, dado o seu nome á Casa da Cultura, e instituído un certame co seu nome que leva xa dezanove edicións.

Como ben dixo Alonso Montero, ese día do pasado mes de agosto, Paradela foi o centro da poesía – da Cultura – de Galiza, que recordou rimaba con Xustiza en casos de homenaxes como o que lle fixemos a Manolo Rodríguez.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania