Móbiles
Editorial - miércoles, 06 de noviembre de 2013
Ao mellor hai quen pensa que se lles chama mbviles aos teléfonos que levamos prácticamente todos porque están cambiando frecuentemente de compañía intermediaria, máis que pola circunstancia de que van connosco e temos conexión na inmensa maioría dos lugares onde nos atopemos.
O usuario dun móbil está sometido ao acoso e derribo das diversas compañías telefónicas, que o seguen perseguen para conseguir os seus favores, básicamente consistentes en que se convirta en cotizante da empresa de que se trate nun sistema de oscuridade económica onde todo (se facemos caso ás ofertas) son vantaxes, e o servizo vai ser gratis ou moi pouco máis.
A resultas deso, os usuarios están cambiando continuamente de compañía suministradora ou intermediaria- e é posible que en toda España, nun só mes, pasen dos seiscentos mil abonados que muden de compañía.
Eso, cando as compañías non o teñen fortemente amarrado e non pode irse ou, se pode, pagará peaxes tan importantes que poden disuadilo de afrontar calquera cambio.
Se o goberno se atrevera, algo podería e debería dicir ao respecto, especialmente para saber a que carta quedarnos, que dicir diante das ofertas engañosas que nos efectúan, e que facer cada vez que nos asaltan con argumentos que non entendemos, ofrecéndonos servizos imposibles de controlar e condicións económicas imposibles de cumprir. Pero a ver que goberno se atreve coas robustas compañías dun sector en áuxe, que parece imposible non hai quen poida!- de controlar.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora