Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Matrimoniar

viernes, 30 de septiembre de 2005
O matrimonio, a unión de dúas partes para unha vida en común, é a fórmula legal consolidada para formar unha unidade familiar, sexa do xeito tradicional, sexa para regular unións que ata hai pouco tempo se consideraban contra natura.

Por extensión, adóitanse chamar "matrimonios" ás unións políticas para levar adiante un goberno de concello, provincia ou país, sumando cantidades de parecido ou diferente "xénero" para lograr a maioría precisa frente ós contrincantes políticos.

A escala local, en Galicia ten habido os seus máis e os seus menos, e Psoe máis Bng tiñan e teñen unións para gobernar concellos con resultado vario. Todo depende das motivacións, da responsabilidade dos participantes e dos resultados do labor de goberno.

En Vigo, esta unión acabou como o rosario da aurora e diante da imposibilidade de acordo goberna o PP en solitario e en minoría. Vista a harmonía que reina no goberno da Xunta de Galicia, o Bng propuxo de novo ó Psoe que retomen o tema da unión e negoción un novo goberno para Vigo.

Faltan apenas vinte meses para as proximas eleccións municipais, e é moi diferente afrontalas desde o goberno municipal da cidade máis populosa de Galicia que desde a oposición. Dahí o apuro do Bloque que atopa enfrente a desunión dun Psoe que non acaba de poñerse de acordo no que quere para a cidade.

O Bng está situado nestes momentos nunha postura de ir a por todas: Ou agora ou nunca. Ten que demostrar no goberno da Xunta que a súa xente é capaz de sacar adiante tarefas difíciles, ten persoas axeitadas e pode gobernar grandes áreas do País.

Por eso a proposta ó Psoe de matrimoniar para gobernar Vigo: para sacarse a espiña que quedou clavada desde a frustrada operación bipartita para gobernar a cidade.

Pero o matrimonio é cousa de dous. E a segunda posible parte contratante aínda non está preparada para da-lo Sí.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES