Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Por avisos que non quede

lunes, 04 de noviembre de 2013
Ten calado moi fondo na nosa sociedade o feito de que a política se ten convertido nunha especialísima canle de medro persoal, cun importante aumento da corrupción derivada da relativa facilidade coa que se poden cometer tropelías ou apropiacións indebidas.

Das facilidades para estas prácticas todos somos conscientes, e na nosa sociedade ten medrado unha concepción – que para moitos resulta tremendamente inxusta- de xeneralizar a toda a clase política a consideración de sector onde a corrupción xorde, medra e non se atalla.

Algo así parece deducirse das palabras do Fiscal Superior de Galicia na apertura do Ano Xudicial, que veu avisar de que se deixamos que a corrupción invada impunemente a sociedade, non lle damos transparencia e axeitada resposta, corremos grave risco de caer no descrédito ou na caza de bruxas.

Velaquí o miolo da cuestión, porque o descrédito ten invadido totalmente a consideración que as nosas xentes teñen da política, dos políticos, e do exercicio dunha acción que debera ser a máis noble das que unha persoa pode prestar. E daí á caza de bruxas só hai un paso, que é ben doado arremeter contra unha persoa, e máis aínda contra todo o colectivo, que nos representa e nos goberna.

Por avisos que non quede, que o do Fiscal é, polo de agora, o último. Hai que poñerlle remedio ao gravísimo problema, antes de que o problema se leve por diante todo o sistema, despois de desacreditalo e poñelo ao pé de todos os cabalos montados polos novos xinetes da apocalipse.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES