Vodas de ouro do Asilo
Fernández, Suso - sábado, 02 de noviembre de 2013
De 1933/ 97 rexiron a Casa as Monxas dos Anciáns Desamparados, e por tratarse dos inicios imos lembralos en breves pinceladas, seguindo escrito anterior, esperando sexan expresivas dos traballos e dos días.
O cronista, por veciñanza e relación, foi testemuña do decorrer da vida no espacio mais digno e fermoso do nefasto urbanismo local, e marco axeitado (edificio que es honra y ornato de la villa, escribira Trapero) para as leccións de vida que alí se prodigaban dende a ètica do amor ó próximo e a humildade; do respecto aos semellantes, depauperados física/mentalmente por infindos avatares vitais; de solidaridade e sensibilidade humana e da filosofía do compartir...
En 1983 eran as vodas de ouro e pensouse que merecían a celebracion digna, acorde co sentir dos focegos hacia a institución que era a súa fachenda e que ao máximo participaran con opinións e suxerencias, ideas e traballos.Con tal fin convocouse unha xuntanza á que se convidou ós párrocos de todo o concello, directores de Colexios, APA,s ,Amas de Casa e Viuvas, Asociacións Cultuais, Deportivas; de Veciños,Confraría, Irmandade,,,.Tralos debates, nomeouse unha Comisión e Presidente de Honor dela a Pepe Paz, alcalde. En base ao expresado polos asistentes, os comisionados foron debullando unha serie de actos, espallados ao longo de varios meses: Banda de Sober, a Coral Eo; o Orfeón de Mondoñedo, O Feitizo cunha exposición de artistas socios que doaron o importe das vendas. Por primeira vez actuou na vila o Ballet Rey de Viana, de prestixo mundial; o éxito foi apoteósico, con mais de dous mil asistentes.. Baloncesto iternacional: O.A.R. de Ferrol, de 1ª, e San Marino All-Star, con xogadores americanos, que viña de gañar en Italia un torneo de sona mundial e espertara grande expectacion Un partido de fútbol-sala entre o Mascoto da Coruña e unha selección local.
Non lembramos en Foz, antes nen despois, montaxe semellante, Ao remate do mesmo a Comisión entregou á Superiora un cheque por preto de medio millón de pesetas. Quedou como testmuña da efeméride o monolito de granito instalado á entrada daquela Casa.
(Suso Fernández é Cronista oficial de Foz)

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora