Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Somos volubles

viernes, 01 de noviembre de 2013
As conviccións poden evolucionar de acordo cos tempos e as circunstancias.

Hai trinta anos, pola traxectoria de gobernos centrais, recén saídos dunha prolongada dictadura, prácticamente a totalidade dos españois suspirabamos pola autonomía de maneira que a gobernación dos temas máis sensibles non dependese de Madrid e fose desde as autonomías, para os galegos desde Galicia, descentralizando as decisións sobre os temas para que os que decidisen entendesen como propios os problemas a resolver.

Pero pasou o tempo, cambiaron circunstancias, veu a crise económica, radicalizáronse posturas políticas e sociais, e chegamos a un momento no que parece que as autonomías en lugar de ser unha vantaxe son unha carga por duplicidades, incremento da administración e da burocracia, chegándose na actualidade segundo recentes enquisas ata un vinteseis por cento de españois que prefiren un estado centralizado, como o estado tradicional, sen autonomías, quedando no vintecinco por cento os que opinan que a situación actual é a que mellor lle convén ao país e polo tanto nos convén a nós.

Podemos ser volubles, porque os tempos e as circunstancias son cambiantes. Podemos ser cambiantes, porque as circunstancias son volubles. O certo é que a situación actual fai repensar cuestións que nos parecían superadas. Esta é unha delas. Afortunadamente, hai que considerar que a situación non ten marcha atrás, se ben calquera paso adiante debería ser moi estudiado, calculado.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania