Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non é país para vellos

jueves, 31 de octubre de 2013
Non vivimos nun bo país para vellos, xa que como imos vivir máis anos e as pensións non poden seguir o noso ritmo vital, hai que aumentar a idade de xubilación, subir os anos de cotización e, polo tanto, recortar nas prestacións.

Tampouco é este un país para novos, que cando os rapaces rematan a súa formación non teñen garantido un posto de traballo e a racionalidade e a realidade aconsellan que sallan ao exterior, por moita Unión Europea que sexa, e traballen e vivan fóra do seu hábitat natural, imposibilitado para acollelos.

Acaso é país para os de mediana idade?. Ninguén o diría polo incremento do paro que se ceba de xeito especial nos que xa teñen cumpridos os corenta anos e a estadía no paro ameaza con ser duradeira xa que se algunha colocación pode aparecer será para os que teñan por diante prácticamente toda a súa vida laboral.

Se non é país para vellos, para novos e para medianos, hai que preguntarse se este no que vivimos, acaso, ¿será un país?.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania