Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Xadrez de Rosendo

miércoles, 30 de octubre de 2013
O pasado sábado, mentres estirabamos a sobremesa, unha mirada fuxidía á televisión permitiume ver de soslaio a imaxe cristalina da torre de xadrez que a memoria popular atribúe a Rosendo Gueterres (o fundador de Celanova) e a documentación histórica inclúe entre as rarísimas pezas de cristal de roca de estilo islámico fatimí que, a dicir dalgúns, pasa por ser un dos máis -senón o máis- antigo xadrez que se conserva en Europa.

Loxicamente, tan pronto vin aquel primeiro plano acristalado, de contado mandei calar á 'parroquia' para informarme de por qué as pezas de xadrez que custodia o Museo da Catedral de Ourense e forman parte do patrimonio histórico de Celanova, reclamaban a atención dunha canle de televisión nacional e caer na conta de algo que xa sabía había uns meses e mesmo do que xa escribira aquí. É dicir, que o conxunto das oito pezas de xadrez de roca de Celanova, datadas entre o século X e o XI, estarán ata o próximo mes de marzo formando parte dunha elitista selección de 150 obras que conforman a mostra, 'Nur: la Luz en el Arte y la ciencia en el Mundo Islámico', que pasa por ser, seica, a exposición itinerante sobre a arte e a cultura islámica máis importante que se ten montado ata o momento en España e que despois de estar os próximos meses en Sevilla, da man da Fundación Focus-Abengoa, viaxará na primavera ata a cidade de Dallas, nos Estados Unidos.

Ata onde teñen que chegar estas pezas únicas en Galicia e que tan só teñen parangón noutras semellantes custodiadas no Museo de Lleida e en San Millán de la Cogolla -pregunteime, unha vez máis- para sacalas de vez do anonimato no que moran entre as vetustas paredes do museo catedralicio ourensán e desenvolver un proxecto cultural de calado que as coloque definitivamente no mapa do turismo cultural da península?

E como referendo -non como crítica- do que acabo de dicir, voulles poñer un exemplo. Denantes de poñerme a escribir chegoume unha convocatoria de prensa para asistir á presentación do 'VI Festival Internacional de Xadrez de Ourense', que concentrará a centos de afeccionados e profesionais do xadrez o próximo día 2 de novembro en Expourense. Pois ben, seguramente a organización repartirá, con tal motivo, ducias e ducias de trofeos sen que neles se faga a máis mínima referencia ó xadrez máis antigo de Europa, malia levar ¡mil anos! en Ourense.

E por qué pasa isto? Pois, simplemente porque, por desgracia, seguimos sen aprender que o patrimonio tamén pode dar de comer. E ben.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES