Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Alcaldes en pe de guerra

miércoles, 30 de octubre de 2013
O Goberno central, convencido de que os recortes son o “Bálsamo de Fierabrás” da economía española, recorta drásticamente en todos os lugares onde cabe a punta dunhas tesouras, aparentemente sen importarlle as consecuencias que o recorte poida ter nas economías familiares aqueixadas por unha debilidade que vai en aumento.

Se ese recorte se produce no pago dos medicamentos aos xubilados que tiñan garantida a total gratuidade, é un golpe importante nas economías dos que dependen dunha pensión de por si pequena, que leva conxelada moito tempo. Que o pago non sexa moi elevado non vale como argumento, porque o nivel dos pagos non é un termo absoluto senón relativo, sempre proporcional á febleza das economías.

Nunha nova volta de tuerca, aí ven o copago hospitalario, que xa causa rebumbio a escala popular, pero sobre todo a escala política onde a rebeldía comeza a manifestarse e varios concellos apréstanse a combatir a aparente frialdade do goberno con medidas axeitadas ás necesidades dos seus habitantes.

Pode parecer un puro combate político entre forzas con diferentes posturas diante de temas tan sensibles, pero se os alcaldes se enfrontan ao goberno alguén vai ter que intermediar entrambas institucións para evitar unha crise importante.

Crise que se vai manifestar pacíficamente, porque cada institución aplica a súa normativa dentro do seu marco competencial. Se o goberno aplica recortes indiscriminados ou segundo as rendas de cada afectado, os concellos poden sacar ordenanzas de axudas proporcionais aos recortes do goberno, eludindo a súa aplicación en persoas de boa situación económica.

Que os alcaldes vaian facer forza diante do Goberno, debe ser unha advertencia para este e para o partido que o sustenta. A situación é abondo grave como para facer recapacitar sobre os recortes en materias tan sensibles que afectan a economías familiares xa depauperadas. Nalgún momento hai que deixar de recortar. Ou exponerse a que nas próximas eleccións vaia arrasar o primeiro que prometa que dará marcha atrás nestes temas tan problemáticos. Aínda que non teña intención de cumprilo.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES