Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Embaixadores do Camiño

lunes, 30 de noviembre de -1
Os Camiños de Santiago van ter embaixadores de honra, nomeados oficialmente pola Xunta, para agradecer os servizos prestados por persoas que se dedicaron aos camiños, e fixeron méritos para esta especial distinción.

O Camiño, os Camiños, precisan de axuda, e obteñen axuda. Porque son milleiros de persoas as que fan méritos en relación cos Camiños, sexa como empresarios con ideas de éxito, restauradoradores, informadores, hospitaleiros... en todas estas especialidades ou funcións pode prestarse un servizo especial. E, naturalmente, os xornalistas, os escritores, as autoridades con competencia ou sen ela, todos os que aportan o seu esforzo para que todos ou algún dos camiños a Compostela teñan maior recoñecemento, coñecemento ou participación.

Nunca poderán ser todos os que son, porque está establecido que poidan ser ata dezaseis os embaixadores de honra, pero o que si é de desexar que todos os que estean sexan merecentes desta honra especial que agradece servizos e tamén garante a continuidade dos esforzos de determinadas persoas con dedicación especial cara aos Camiños a Compostela.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania