Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vivir no presente

jueves, 31 de octubre de 2013
A traxectoria do común dos humanos vai máis ou menos da seguinte maneira:

-Cando somos bebés temos por oficio: medrar e alguén se encarga de que así sexa.
-A continuación dedicamos un tempo a formarnos para adquirir un oficio ou unha profesión.
-Cando nos situamos, emancipámonos e fundamos unha familia ou optamos por vivir sós.

A partir de aquí hai unha serie de cousas que a propia vida se encarga de encomendarnos:

-Traballar para gaña-lo pan de cada día.

-Criar os fillos se se teñen.

-Darlles estudios, encarrilalos...

-Atender ós nosos maiores.

-Pagalos impostos.

-Cumpri-las leis.

-Etc,etc.

Pero hai outra serie de cousas que dun xeito ou doutro, tamén nolas ofrece a vida; COMO É APRENDER COUSAS NOVAS; pero que non nos veñen dadas por obrigación, senón que dependen en boa media da nosa actitude ante elas

A partir de aquí podemos encontrarnos en calquera destes grupos:

1.- NO GRUPO DAQUELAS PERSOAS QUE POLAS SÚAS CISCUNSTANCIAS PERSOAIS NON PODEN SEGUIR ACTUALIZÁNDOSE.

2.- NO GRUPO DAS QUE SI PODEN ACTUALIZARSE, PODEN APRENDER; PERO DIN QUE NON É O MOMENTO, QUE XA SON MOI MAIORES, QUE XA PASOU A HORA, QUE DESO XA SE OCUPAN OUTROS MEMBROS MÁIS XOVES DA FAMILIA, QUE ESTO, QUE O OUTRO...

3.- NO GRUPO DAS PERSOAS QUE OPTAN POR VIVIR Ó DÍA E APROVEITAR TÓDOLOS TANTOS QUE A VIDA LLES OFRECE.

CON RELACIÓN ÁS DO GRUPO PRIMEIRO non podemos facer outra cousa máis que compadecelas e botarlles unha man en canto estea ó noso alcance.
Cando non se pode, non se pode.
Está todo dito.

ÁS DO SEGUNDO GRUPO XA HABERÍA MOITO QUE DICIRLLES:

-¿POR QUÉ DIN QUE NON É O MOMENTO?

Se o momento de facer esto ou aquelo foi antes...
¿Pode volver ó pasado?

Non, claro que non.
Non sei de ninguén que poida facelo.
O pasado xa pasou.
Non hai volta atrás.
A vida segue...

-¿POR QUÉ DI QUE XA É UNHA PERSOA MOI MAIOR?

Porque lle costa máis esforzo aprender...

Pois direille que a xuventude lévase na mente independentemente dos anos que se teñan.

Tampouco está ben que diga que lle costa máis aprender, porque hai persoas de moi poucos anos que teñen que facer grandes esforzos para aprender, pero fano porque aprender canto máis mellor é unha necesidade para elas.
Cadaquén aprende para si e ó seu propio ritmo.
Ninguén lle obriga a ir a cen por hora se non pode ir nada máis que a cincuenta ou a trinta.
Levaralle máis tempo; pero chegar ó destino é o que importa.

-¿POR QUÉ DI QUE XA PASOU A HORA?

¿Onde está escrito que non é boa hora para aprender?
Xa dicía a miña madriña: “ESTÁ A VELLA MORRENDO E ESTÁ APRENDENDO” .
Esto dicíao cando xa tiña unha idade moi avanzada. Ela aprendeu moitísimo nos derradeiros anos da súa vida porque era unha persoa ben guiada e acollía de bo grao os adiantos que lle ofrecía a vida.

Tamén era certo que a veces non tiña moi claras algunhas cousas da modernidade, pero confiaba nos netos e seguía adiante. Así ata o derradeiro día.

Déixounos un legado maravilloso ós netos que a atendemos nos derradeiros tempos. Gardo gratísimos recordos e moi bos exemplos.
Gustaríame que tódolos netos poideran dici-lo mesmo dos seus avós.

-¿POR QUÉ SE TEÑEN QUE OCUPAR OUTROS DO QUE POIDA FACER VOSTEDE?

¿Non teñen os outros abondo co seu?

¿Terá vostede mellor servizo se llo fan outros?

¿Non di o refrán que “VALE MÁIS FACELO QUE MANDALO”?

¿Terá vostede alguén ó seu servizo en todo momento, lugar e circunstancia?
Non, claro que non.

Dicíame un crego catalán: “QUI VULGUI BE DURMIR, HA DE FERÇE EL SEU LLIT? (Perdón pola ortografía. Non sei catalán)
Significa que o que queira dormir ben, ten que face-la súa cama.
Deixe para cando vostede non poida que os outros se ocupen das súas necesidades. Para eso sobra tempo.

¿POR QUÉ PON DISCULPAS INXUSTIFICADAS?

¿Por preguiza? Pois da preguiza di o catecismo que é un pecado capital.
Dilixencia é o que convén.

O que poida facer hoxe, non o deixe para mañá.

CON RELACIÓN ÁS PERSOAS QUE SE ATOPAN NO TERCEIRO GRUPO:
En primeiro lugar felicitalas porque fan o que deben.
Son persoas que están despostas a aprender canto máis mellor, independentemente da idade cronolóxica que teñan; porque recoñecen que os tempos avanzan e unha de dúas:

-Se non se poñen ó día, están a piques de quedarse no foxo da vida, un tanto excluidas. Marxinadas...Á marxe do ritmo da vida cotiá.

-Se se poñen ó día precisan de interese pola súa parte e de alguén desposto a ensinarlles pola outra.

Cando se ten intención de aprender algo, automáticamente póñense en acción certas neuronas que activan o noso cerebro para agudiza-lo inxenio.

Eso significa que aprender mellora a calidade de vida das nosas neuronas, porque xa dicía unha mestra que tiven na miña infancia:
“SE NON SE USA O CEREBRO, ENFERRÚXASE”
Poñíanos o exemplo dunhas tesoiras que se deixan abandoadas un tempo en calquera parte e cando as collías para usalas, resultaba que o ferruxe xa se apoderara delas.

Ben, pois do que se trata é de facer uso do noso cerebro mentres que se conserve en condicións normais para a nosa idade.
Do nosso cérebro e tamén das nosas forzas físicas. Déronsenos para usalas e para disfrutalas

¿Por que lle digo todo esto?

Por varias razóns:

1ª.- Porque sei de persoas que non sacaron o carné de conducir alegando que alguén as levaba a todas partes e cando ese alguén non pode, quédanse no foxo da vida porque non se atreven a sacalo a estas alturas.

Sei dalgunha persoa que sacou o carné de conducir ós 56 anos porque non o puido facer antes; pero conduciu ata seis meses antes de marchar. E sacoulle moitísimo partido durante moitísmos anos.

Pense sempre o seguinte: “SE NON MORRO AXIÑA, AÍNDA PODO DURAR MOITOS ANOS E SE DURO MOITOS ANOS, O MELLOR QUE PODO FACER É APROVEITALOS Ó MÁXIMO”.
E se son poucos, tamén. Con máis razón aínda.

¿Certo?

2ª.- Porque sei de persoas que non se atreven coas novas tecnoloxías e pérdense unha morea de oportunidades, como son entre outras:

-Comunicarse cos parentes de lonxe ó instante.

-Ve-los a través dun programa para vídeo-chamadas.

-Pedir unha cita para ir ó médico.

-Pedir cita para ir a pasar a ITV.

-Pedir cita para renovar o Documento Nacional de Identidade.

-Para facer unha operación bancaria a distancia.

-Para reservar un hotel.

-Para sacar un billete de avión.

-Para saber o horario dun tren.

-Para facer os trámites para ir de vacacións co IMSERSO.

-Etc, etc.

Hoxe en día adianta moito o mundo nestes aspectos.
Internet cambiou por completo as nosas vidas.
Tanto ten manterse á marxe ou non, a vida segue o seu ritmo acelerado e o mellor que podemos facer é ir poñéndonos ó día.

As persoas de certa idade podemos aproveita-la ocasión para as relacións interxeracionais côa xente nova porque os xoves e incluso os nenos, desto, saben moito.

Afortunadamente os que vivimos en países adiantados, temos estas ventaxas que outros moitos quixeran ter.

¿Non son as persoas maiores as que lles din os novos que aproveiten de aprender porque eles non tiveron esas oportunidades?

Daquela...
-¿Por que no se aplican eso a elas mesmas?

-¿POR QUE NON PREDICAMOS CO EXEMPLO EN LUGAR DE BOTARLLE Á XENTE XOVE SERMÓNS INÚTILES?

-¿Por que nos aferramos a vivir no pasado se o pasado xa pasou?

¿Non chegará o día que nos arrepintamos de non ter aproveitado as oportunidades que se nos deron?

¿Non será mellor previr que chorar cando xa non haxa remedio?

Teña por seguro que:

“CANDO O ALUMNO ESTÁ DISPOSTO A APRENDER, APARECE O MESTRE”

Por eso quero dá-las grazas a tódalas persoas que de xeito altruísta están dispostas a botar unha man a aquelas que desexan aprender.

Está claro que autodidactas hai algúns pero a maioría precisamos do mestre.

Admiro ás persoas que teñen interese por aprender para vivir no presente. E tamén ás que están disportas a ecorrenta-la ignorancia.

Sei que vostede é unha desas persoas e por eso lle dedico este artigo.

Sei que vai ler este artigo a través da rede e por eso lle digo con toda franqueza que é vostede unha persoa afortunada que disfruta destas oportunidades tan maravillosas que nos brinda a vida neste momento.

Pero non cerremos a porta. O que importa é deixala aberta para que entren novas correntes científicas para mellora-la calidade de vida de todos.
Porque a fin de contas o que queremos é mellorar.

¿Non si?

¡Animo pois!

¡Viva sempre no presente!

Eu tamén o vou a intentar.

Pero vostede pode dicirme que neste intre da súa vida está pasando por unha mala racha:
-Problemas de saúde.
-Problemas de familia.
-Problemas veciñais.
-Problemas...
-Unha traición.
-Unha infidelidade...

A verdade é que a vida ten cara e cruz. Que hai momentos nos que parece que temos unha rocha encima que mesmo nos está aplastando; pero en calquera caso NON HAI MAL QUE POR BEN NON VEÑA.
Dos momentos duros tamén se aprende. E moito que se aprende.

Tamén é certo que a veces dámoslle mais importancia ós problemas da que verdadeiramente teñen.

A fin de contas ninguén pode morrer por outra persoa por moito que a queira ou por moito que a valore.

Cadaquén ten abondo coa súa morte.

Pero a verdade é que temos un corazón moi brando e sofre damasiado.
Deberíamos sufrir, canto menos, mellor.
Ninguén é imprescindible.

Aproveita-lo positivo é o que conta.

Se non está a gusto cunha persoa, poña espazo por medio. O máis importante é que vostede poida ser o máis feliz posible tendo a conciencia tranquila.

Xa sei que a veces non poderá evitar sufrimento por algo ou alguén.
Cando esto pasa o sufrimento é proporcional ó concepto que vostede tiña da persoa en cuestión.

Xa se sabe, non somos perfectos.

Non sempre nos entedemos cos que nos rodean.

Incluso hai veces que non nos entendemos nin a nós mesmos.
¿Qué lle imos facer?

A PACIENCIA TODO O ALCANZA.

TODO PASA PORQUE TODO É MOI EFÍMERO.

E se vostede estivera pasando un momento rosado na súa vida, non esqueza que todo é moi efímero. Ese momento hai que aproveitalo sabendo que caducará cando menos o esperemos.

A vida é cambio constante. Ten de todo para todos.

A miña intención ó titular este artigo: “VIVIR NO PRESENTE” foi de que vostede se poña ó día para disfrutar do mellor que lle ofreza a vida.

HAI MOITO BO PARA APROVEITAR.

DESO SE TRATA.

Pase o que pase, nunca perda a esperanza dun tempo mellor.

Quédolle moi agradecida por axudarme a vivir no presente da mellor maneira posible e terme na súa consideración nesta ocasión.
Se o considera oportuno pode atoparme aquí o vindeiro xoves.
E se non, moitas grazas de todas formas.
¡Aburiño! ¡Ata a próxima!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES