Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Baile de Deputados

miércoles, 28 de septiembre de 2005
Para coñecemento de navegantes, desde a Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia anúnciase un magno baile de deputados, que vai traer cola polas repercusións territoriais, administrativas e políticas que conleva.

Parecianos ter consolidado un reparto de deputados a escala provincial, e tiñamos asumido que cada vez que se convocan eleccións autonómicas pola Coruña ianse elixir 24 representantes, 15 por Lugo, 14 por Ourense e 22 por Pontevedra. Así foi ata o de agora, desde hai un cuarto de século que se puxo en marcha a autonomía, entrou en vigor o Estatuto, constituise o primeiro parlamento, e comezou o autogoberno a través da Xunta de Galicia.

A razón da actual distribución foi a de asignar a cada provincia un mínimo de dez deputados e o resto otorgalo proporcionalmente ó número de habitantes, e como queira que a poboación está maioritariamente concentrada no oeste de Galicia, na zona costeira, A Coruña e Pontevedra levan o maior número de representantes.

Pero resulta que con arreglo á distribución actual, para que en A Coruña ou Pontevedra salla un deputado fan falla 44.860 votantes, mentras que en Lugo e Ourense chegan con 24.019. E esto parece pedir unha solución, e a actual Xunta está disposta a darlla, especialmente se temos en conta que a Galicia do este (Ourense-Lugo) é a que proporciona os maiores votos á forza que agora está na oposición no pazo do Hórreo.

Coa nova distribución proporcional ó número de habitantes de cada provincia, A Coruña vai ter 31 representantes, Pontevedra 25, Lugo 10 e Ourense 9.

Moito vai ter que espabilar o Partido Popular na nova situación política que estamos a vivir. O baile de deputados é unha festa natural, democrática e legal, que pretende poñer no seu sitio a realidade galega atendendo a criterios máis humanos que xeográficos. o que tamén pode ser moi racional.

Pero o novo sistema vai marcar aínda máis profundamente as diferencias entre as dúas Galicias xeográficas, co que haberá que plantearse se esta distribución administrativa deber pervivir, ou se os representantes no Parlamento de Galicia terían que selo por circunscricións locais ou comarcais, para que cada unidade xeográfica e de poboación tivese voz propia no Parlamento de Galicia.

En tanto, preparémonos para danzar. A orquesta xa está situada no escenario, e anda a afinar os instrumentos para comeza-lo baile.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania