Memoria que brinca
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 28 de octubre de 2013
Sinto sobre nubes de algodón e un arado de pau abre o rego dunha memoria infantil. Memoria que brinca por entre as toxeiras dos recordos, de cando un can de palleiro me buscaba para pasar o tempo.
Deixo que o sorriso aflore ós meus beizos ó debuxar o tic dunha perna traseira do Uriarte e meneo a cabeza ó pensar nos continuos ladridos que deixaba escapar diante do burro que estaba a pacer tranquilamente e sen meterse con ninguén.
Pero o Uriarte dálle que dálle durante toda a mañá o toda a tarde. Ás veces cansaba xa, acababa coa paciencia. Dáballe uns lostregadas e, logo, abrazábao. Baixo das nubes de algodón e contemplo o ceo azul da vida que pasa mansiñamente.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora