Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Autovías e autoestradas

viernes, 25 de octubre de 2013
Na práctica, son o mesmo: vías de alta seguridade, con máis dun carril en cada dirección, na que non existen máis ca determinados accesos perfectamente sinalizados, e nas que se poden desenvolver as máis altas velocidades que permite a lexislación vixente.

Sen embargo existe un matiz, perfectamente coñecido polos automovilistas, xa que mentras as autoestradas ou autopistas son vías de pago as autovías son de utilización gratuita polos conductores que as usan.

As dúas vías representan un custo importante para un país do mesmo xeito que facilitan unhas prestacións indispensables para o desenvolvemento. Pero mentras as autovías son de promoción estatal ou comunitaria, con cargo aos presupostos do estado, as autoestradas son financiadas con capital privado e amortizadas co canon que cada usuario paga pola súa utilización. En definitiva, as dúas son de pago pero mentras nunhas o pago faise diferido por utilizalas, noutras é un pago xeneralizado, dunha soa vez, con cargo aos presupostos e semellan gratuítas, que de feito o son para os que as utilizan.

A idea de convertir as autovías en vías de pago non caeu nada ben en ningún sector á parte das empresas concesionarias das autoestradas que se evitarían a natural competencia que na actualidade teñen as de utilización gratuita, prevéndose que non se vaia máis adiante nesa idea, especialmente tendo en conta o seu poder disuasorio – que levaría o tráfico para vías que agora non están prEparadas para soportalo- á vez que se dubida da legalidade de explotar económicamente unhas vías xa aboadas e amortizadas, pagadas con fondos públicos.

Parece, pois que, polo de agora, vai seguir habendo diferencia entre as autovías e as autoestradas. Mellor será!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES