Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os Cruceiros de Cospeito (II)

martes, 27 de septiembre de 2005
Os Cruceiros de Cospeito (II) Os Cruceiros de Cospeito (II) Como elementos complementarios, a base presenta algúns relevos da paixón nos cruceiros de Lamas, de Queimosas (Rioaveso), dos Muiños (Roás), da igrexa (Sta. Cristina) e de Reximil (Xustás). Amosa unha inscrición nunha cruz e en dezaoito cruceiros (15). A inscrición fai alusión ás indulxencias concedidas polo bispo de Mondoñedo a tódalas persoas, que recen diante do cruceiro unha serie de oracións: painoso, avemaría, salve, credo, etc...; tamén soe mencionar o nome das persoas vinculadas ó cruceiro, así como a data de construcción. Como modelos representativos de inscrición citamos ás dos seguintes cruceiros:

A. Cruceiro do Calvario (Arcillá).
Cara Se.“EL AÑO D 1891/ SE HIZO POR DIS/ POSICIÓN D UNOS/DEVOTOS DE ARCILLA/ Y SISOI ESTA...
Cara Nw. EL ILMO SEÑOR/ OBISPO D MONDO/ ÑEDO CONCEDIO/ 40 DIAS DE INDUL/ GENCIAS POR RE/ ZAR...UN CREDO/ACTO DE CONTRICIÓN...”

B. Cruceiro da igrexa de Sta. Cristina
Cara Sur. “LO PUSO MANUEL/ DIAZ Y DIAZ/ Y SU MUGER/
Cara Leste. EL OBISPO DE MON/ DOÑEDO CONCEDIO/ 40 DIAS DE INDULGENCIAS/”.

C. Cruceiro de Nicolás (Sisoi)
Cara Sw. “EL AÑO DE 1890/ SE HIZO ESTA OB/RA POR DISPOSICIO/N DE DON MANUEL FERNÁNDEZ Y ESPOSA/ VECINOS DE ESTA PARROQUIA.
Cara Se. EL ILMO SEÑOR/ OBISPO D MONDO/ ÑEDO CONCEDIO/40 DIAS D INDULGE/ NCIA POR REZAR CON/UN PADRE/
Cara Ne. NUESTRO Y CRE/ DO O AUTO DE CON/ TRICION.../ OTROS 40/ POR UNA ABE/ MARIA O SALBE/
Cara Nw. ANTE ESTAS/ EFIGIES.”

D. Cruceiro de Algara (Vilapene)
Cara Nw.“ESTE CONSTRUIDO/ POR RAMON/CASTIÑEIRA/
Cara Sw. EL ESCMO/ SR. OBISPO/ DE MONDº CONCE/ DIO 40 DIAS DE IN/ DULGENCIA A LOS/ QUE REZAREN ANTE/ESTE CRUCERO EL/ PADRENUESTRO/ EL CREDO EL A/VEMARIA O LA/ SALVE O EL AUTO/ D CONTRICIÓN/O LOS D FE/ ESPRA Y CAR/”.

E. Cruceiro da Granda (Xermar)
Cara W. “LO PUSO/ JUAN PUENTE/ PARA ALIVIO DE A/ NIMAS”.
3. O fuste e monolítico, prismático, de sección cuadrangular nos extremos e coas arestas rebaixadas no resto, agás no cruceiro do Matodoso (Xustás), que é cilíndrico. O extremo superior das súas caras están ornamentadas polos seguintes motivos:
3.1. Por rombos e roeles (16).
3.2. Por unha custodia (17).
3.4. Por unhas rosetas (18).
3.5. O resto do fuste está decorado en trinta e un cruceiros polos instrumentos da paixón en relevo. A súa disposición nunha orde descendentes é variable, como ímos ver a continuación.
1. Cruceiro do Calvario (Arcillá).
Tres cravos, un martelo, unhas tenaces, unha espada e unha escaleira de dez banzos.
2. Cruceiro de Paredes (Cospeito).
Tres cravos, un martelo, unhas tenaces, unha espada e unha escaleira de once banzos.
3. Cruceiro da Lamela (Goá).
Tres cravos, un martelo, unhas tenaces, unha lanza e una escaleira de once banzos.
4. Cruceiro do Tumbo (Goá).
Dous cravos, un cravo, un cravo, dous cravos, un martelo, unhas tenaces, unha espada e unha escaleira de nove banzos.
5. Cruceiro de Lamas (Lamas).
Tres cravos, unhas tenaces, un martelo, unha lanza e unha escaleira de nove banzos.
6. Cruceiro de Momán de Abaixo (Momán).
Tres cravos, unhas tenaces, unha espada, un martelo, un látego e unha escaleira de nove banzos.
7. Cruceiro da igrexa (Muimenta).
Un martelo, unhas tenaces, un látego e unha escaleira de sete banzos.
8. Cruceiro do Porto do Sal (Muimenta).
Un cravo, dous cravos, un martelo, unhas tenaces, unha espada e unha escaleira de sete banzos.
9. Cruceiro da praza (Muimenta).
Tres cravos, unha espada, un martelo, unhas tenaces e una escaleira de dez banzos.
10. Cruceiro da Casiña (Pino).
Un látego, unha espada, tres cravos, un martelo, unhas tenaces e unha escaleira de dez banzos.
11. Cruceiro de Queimosas (Rioaveso).
Un cravo, unhas tenaces, un martelo, unha lanza e una escaleira de once banzos.
12. Cruceiro de Anllo (Roás).
Un cravo, dous cravos, un martelo, unhas tenaces, unha espada unha escaleira de nove banzos.
13. Cruceiro dos Muiños (Roás).
Tres cravos, un martelo, unhas tenaces e unha escaleira de sete banzos.
14. Cruceiro de Anidos (Sta. Cristina).
Tres cravos, un martelo, unhas tenaces, un látego, unha lanza e unha escaleira de sete banzos.
15. Cruceiro da igrexa (Sta. Cristina).
Tres cravos, un martelo, unhas tenaces, unha lanza e unha escaleira de dez banzos.
16. Cruceiro das Carballas (Seixas).
Tres cravos, un martelo, unhas tenaces, unha escaleira de oito banzos e unha lanza.
17. Cruceiro de Ancares (Sisoi).
Tres cravos, un martelo, unhas tenaces, unha lanza e unha escaleira de nove banzos.
18. Cruceiro de Nicolás (Sisoi).
Tres cravos, un martelo, unhas tenaces, unha espada e unha escaleira de dez banzos.
19. Cruceiro do Galán ( Sistallo).
Tres cravos, escaleira de catro banzos entrelazada cunha lanza, un martelo, unhas tenaces tamén entrelazadas e columna da flaxelación
20. Cruceiro do Arco (Sistallo).
Tres cravos, un martelo, unhas tenaces, un látego, unha lanza unha escaleira de sete banzos.
21. Cruceiro da igrexa (Sistallo).
Na cara norte unhas tenaces, na oeste tres cravos, na leste unha escaleira de cinco banzos e na sur o martelo.
22. Cruceiro do santuario da Feira do Monte (Sistallo).
Tres cravos, escaleira de catro banzos entrelazada cunha lanza, martelo, tenaces tamén entrelazadas e columna da flaxelación.
23. Cruceiro de Támoga (Támoga).
Unhas tenaces, tres cravos, un martelo, unha espada e unha escaleira de dez banzos.
24. Cruceiro de Algara (Vilapene).
Tres cravos, unha espada, unhas tenaces, un martelo e unha escaleira de sete banzos.
25. Cruceiro do Calvario (Xermar).
Tres cravos, un martelo, unhas tenaces, unha escaleira de oito banzos e un látego.
26. Cruceiro do Eirixado (Xermar).
Tres cravos, unhas tenaces, un martelo, unha espada e unha escaleira de catorce banzos.
27. Cruceiro da Granda (Xermar).
Tres cravos, un martelo, unhas tenaces, unha lanza e unha escaleira de oito banzos.
28. Cruceiro de Matocovo (Xermar).
Tres cravos, unhas tenaces, un martelo, unha espada e unha escaleira de oito banzos.
29. Cruceiro do Piñeiro (Xermar).
Tres cravos, unhas tenaces, un martelo e unha escaleira de oito banzos.
30. Cruceiro de Reximil (Xustás)
Tres cravos, un martelo, unhas tenaces, unha escaleira de sete banzos e unha lanza.
3.6. Dez cruceiros amosan algunha inscrición (19) e cinco o número de construcción no extremo superior ou inferior dunha das caras do fuste.
3.6.1. Cruceiro de Lamas. Nº 79.
3.6.2. Cruceiro dos Muiños (Roás). Nº 37.
3.6.3. Cruceiro de Ancares (Sisoi). Nº 26.
3.6.4. Cruceiro da Granda (Xermar). Nº 30.
3.6.5. Cruceiro de Reximil (Xustás). Nº 36.
4. O capitel amosa unha forma troncopiramidal invertida en vintesete cruceiros (20) e formas molduradas en dez (21). Tamén o cruceiro de Fontela (Bexán) e a cruz da Regueira (Cospeito) non presentan capitel.
Este elemento do cruceiro mostra a seguinte decoración:
4.1. Volutas nos cruceiros do Porto do Sal (Muimenta), de Nicolás (Sisoi), do Arco (Sistallo) e de Algara (Vilapene).
4.2. Querubíns e volutas en vinteun cruceiros (22).
4.3. Volutas unidas por cadeas e querubíns nos cruceiros do Calvario (Arcillá), de Paredes (Cospeito) e de Momán de Abaixo (Momán).
4.4. Funículos nos cruceiros da igrexa (Muimenta) e do Eirixado (Xermar).
4.5. As ás dos anxos moi esquematizadas nos cruceiros da igrexa (Muimenta), de Ancares (Sisoi) e do Calvario (Xermar).
4.6. Os cruceiros das Carballas (Seixas) e do Calvario (Xermar) amosan unha inscrición. Ámbolos dous cruceiros presentan ademais un número de construcción.
4.6.1. Cruceiro das Carballas (Seixas). Nº 23.
4.6.2. Cruceiro do Calvario (Xermar). Nº 21.
5. Vinteseis cruceiros amosan unha cruz de sección cuadrangular nos extremos e coas arestas rebaixadas no resto (23) e tres unha sección octogonal (24).
Con respecto ós remates presentan unha cruz florenzada a cruz do Toiral (Cospeito) e vinteseis cruceiros (35). No anverso da cruz aparece a efixie de Cristo en vintesete cruceiros (36). Amosa os seguintes detalles:
5.1. Os cruceiros de Momán de Abaixo (Momán), da praza (Muimenta) e do Galán (Sistallo), presentan a cabeza da efixie de Cristo inclinada ó lado esquerdo. Os demais cruceiros, que posuen efixie, amosana ó lado dereito.
5.2. O perizoma anoado ó lado esquerdo únicamente aparece nos cruceiros da igrexa (Muimenta) e do Calvario (Xermar). Estes tamén amosan o pé esquerdo sobre o dereito.
5.3. Ámbolos dous pés sobre unha caveira maniféstase nos cruceiros de Paredes (Cospeito), de Momán de Abaixo (Momán), da praza (Muimenta), da Casiña (Pino), de Queimosas (Rioaveso), da igrexa (Sta. Cristina), de Ancares (Sisoi), de Nicolás (Sisoi), do Eirixado (Xermar), da Granda (Xermar), de Matocovo (Xermar), do Piñeiro (Xermar) e de Reximil (Xustás).
5.4. Os cruceiros de Lamas, de Anidos (Sta. Cristina), das Carballas (Seixas), do Arco (Sistallo) e da igrexa (Sistallo) amosan ámbolos dous pés por riba dunha santiña.
5.5. Finalmente os cruceiros do Calvario (Arcillá), do Tumbo (Goá), do Porto do Sal (Muimenta), da praza (Muimenta), de Algara (Vilapene) e do Eirixado (Xermar) presentan a efixie de Cristo flanqueada por santiños.
No reverso da cruz aparece a efixie da Virxe nos mesmos cruceiros que o Cristo (37).
Amosa os seguintes detalles:
A. Nos cruceiros de Queimosas (Rioaveso), da igrexa (Sta. Cristina), das Carballas (Seixas), de Ancares (Sisoi), do Calvario (Xermar), da Granda (Xermar), de Matocovo (Xermar), do Piñeiro (Xermar) e de Reximil (Xustás) a efixie da Virxe se amosa en actitude orante sobre unha media lúa.
B. A efixie se presenta baixo unha coroa nos cruceiros de Paredes (Cospeito) e do Eirixado (Xermar).
C. Nos cruceiros de Anllo (Roás), de Nicolás (Sisoi) e do Eirixado (Xermar) a efixie se amosa como Piedade.
En relación á policromía dos cruceiros hai trece nos que aínda podemos apreciar restos. Trátase dos seguintes:
1. Cruceiro do Calvario (Arcillá). Cor azul no fuste e capitel.
2. Cruceiro de Fontela (Bexán). Cor azul no fuste.
3. Cruceiro do Tumbo (Goá). Cor ocre no fuste e capitel.
4. Cruceiro de Momán de Abaixo (Momán). Cores marrón e azul no fuste e capitel.
5. Cruceiro do Porto do Sal (Muimenta). Cores verde e vermella no fuste e capitel.
6. Cruceiro da praza (Muimenta). Cor ocre no capitel.
7. Cruceiro da Casiña (Pino). Cor azul e verde no fuste, cor azul no capitel e cor azul, verde e vermella na cruz.
8. Cruceiro de Queimosas (Rioaveso). Cor azul no capitel e cruz.
9. Cruceiro dos Muiños (Roás). Cor azul no fuste.
10. Cruceiro de Nicolás (Sisoi). Cor azul no fuste.
11. Cruceiro da igrexa (Sistayo). Cor azul no capitel.
12. Cruceiro de Algara (Vilapene). Cores amarela, verde e vermella no fuste.
13. Cruceiro do Calvario (Xermar). Cores azul e vermella no fuste.
Con respecto ós materiais empregados, case tódolos elementos dos cruceiros son de granito agás as plataformas dos seguintes:
1. Cruceiro de Fontela (Bexán). Plataforma de tres chanzos de cachotería.
2. Cruceiro de Paredes (Cospeito). Plataforma de tres chanzos de cachotería.
3. Cruceiro do Tumbo (Goá). Plataforma de tres chanzos de cachotería.
4. Cruceiro de Momán de Abaixo (Momán). Plataforma de tres chanzos de cachotería.
5. Cruceiro da igrexa (Muimenta). Plataforma de tres chanzos; dous deles de cachotería.
6. Cruceiro do Porto do Sal (Muimenta). Plataforma de tres chanzos de cachotería.
7. Cruceiro da praza (Muimenta). Plataforma de tres chanzos de cachotería.
8. Cruceiro da igrexa (Sta. Cristina). Plataforma de dous chanzos recentes de cachotería.
9. Cruceiro das Carballas (Seixas). Plataforma de tres chanzos de cemento.
10. Cruceiro de Ancares (Sisoi). Plataforma de dous chanzos de cachotería.
11. Cruceiro do Eirixado (Xermar). Plataforma de catro chanzos; o primeiro de cachotería.
12. Cruceiro de Matocovo (Xermar). Plataforma de tres chanzos de cemento.
13. Cruceiro do Piñeiro (Xermar). Plataforma de dous chanzos de cachotería.
14. Cruceiro da Escanavada (Xustás). Plataforma de dous chanzos de cachotería.
A cruz do Campo da Aldea (Bestar) ten a plataforma de cachotería e o resto de madeira. A cruz do Toiral (Cospeito) é de cemento. Na cruz do Claudio (Goá), a base, o fuste e a cruz son de cemento. A cruz da Salgueirada (Xermar) é de cemento e ferro. A de Moinelos (Xustás) é de cemento.
Aqueles cruceiros, provistos de data, soen tela na base e no fuste, como podemos comprobar por medio da seguinte relación:

1. Data na Base.
1.1. Cruceiro do Calvario (Arcillá). 1891.
1.2. Cruceiro de Fontela (Bexán). 1862.
1.3. Cruz do Toiral (Cospeito). 1936.
1.4. Cruceiro de Anllo (Roás). 1905.
1.5. Cruceiro das Carballas (Seixas). 1891.
1.6. Cruceiro de Ancares (Sisoi). 1871.
1.7. Cruceiro de Nicolás (Sisoi). 1890.
1.8. Cruceiro do Arco (Sistallo). 1862.

2. Data no Fuste.
2.1. Cruceiro da Lamela (Goá). 1895.
2.2. Cruceiro de Lamas (Lamas). 1913.
2.3. Cruceiro dos Muiños (Roás). 1879.
2.4. Cruceiro da igrexa (Sta. Cristina). 1909.
2.5. Cruceiro do Eirixado (Xermar). 1893.
2.6. Cruceiro da Granda (Xermar). 1872.
2.7. Cruceiro do Piñeiro (Xermar). 1898.
2.8. Cruceiro de Reximil (Xustás). 1876.
Finalmente dicir que hai cinco cruces (28) e dezaoito cruceiros (29), sobre os que non existe ningún tipo de bibliografía. Os demais únicamente aparecen citados, sin ningún tipo de comentario, nalgunhas obras: Inventario Artístico de Lugo y su provincia (30); Inventario Patrimonio Histórico-Artístico do Concello de Cospeito (31) e Plan de desenvolvemento comarcal de Galicia. Comarca da Terra Chá (32).

BIBLIOGRAFÍA SOBRE OS CRUCEIROS DA TERRA CHÁ
- ARRIBAS ARIAS, Fernando e BLANCO PRADO, José Manuel. Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros de Castro de Rei e Outeiro de Rei. Cadernos do Seminario de Sargadelos nº 76, Sada (A Coruña): Ed. do Castro, 1998.
- ARRIBAS ARIAS, Fernando e BLANCO PRADO, José Manuel. Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros de Guitiriz. Cadernos do Seminario de Sargadelos nº 81, Sada (A Coruña): Ed. do Castro, 1999.
- ARRIBAS ARIAS, Fernando e BLANCO PRADO, José Manuel. Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros de Begonte, Cospeito e Rábade. Cadernos do Seminario de Sargadelos nº 87, Sada (A Coruña): Ed. do Castro, 2000.
- ARRIBAS ARIAS, Fernando., BLANCO PRADO, José Manuel e SAAVEDRA, Mario. Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros, Cristo e Cruces da Pastoriza. Cadernos do Seminario de Sargadelos nº , Sada (A Coruña): Ed. do Castro, 2002.
- ARRIBAS ARIAS, Fernado., CUBA RODRÍGUEZ, Xoán Ramiro, e REIGOSA CARREIRAS, Antonio “Cruces, cruceiros, ermidas e capelas da bisbarra chairega (I)”, en El Progreso, diario de Lugo, 20-8-1987.
- ARRIBAS ARIAS, Fernado., CUBA RODRÍGUEZ, Xoán Ramiro, e REIGOSA CARREIRAS, Antonio “Cruces, cruceiros, ermidas e capelas da bisbarra chairega (II)”, en El Progreso, diario de Lugo, 20-8-1987, páx. 7.
BAAMONDE GARCÍA, Alfonso A e CASTRO RODRÍGUEZ, A. “Cruces, cruceiros, ermidas e capelas da bisbarra chairega”, en El Progreso, diario de Lugo, 22-8-1987, páx. 7.
- BLANCO PRADO, José Manuel e RODRÍGUEZ SÁNCHEZ, Manuel. Cruces y Cruceiros del Municipio de Begonte. Lugo: Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial, 1988.
- BLANCO PRADO, José Manuel. Religiosidad popular en el Municipio de Begonte. Lugo:Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial, 1990.
- CENDÁN FRAGA, A. “Os cruceiros de Vilalba”, en El Progreso de Lugo, 31-8-1988, páx.33.
- CENDÁN FRAGA, A. “Cruceiros, hórreos y antiguos molinos chairegos sucumben en el olvido”, en EL Progreso de Lugo, 29-12-1989, páx. 9.
- COMARCA DA TERRA CHÁ. Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galicia. Gabinete de Planificación e Desenvolvemento Territorial. Presidencia. Xunta de Galicia, 1993, páxs. 92-103.
- FLORES RIVAS, Luis Hixinio. “A cultura material representada nas construccións populares: un elemento a conservar na Terra Chá”, en Boletín Terra Chá, nº 1, Orgao das Brigadas en Defensa do Patrimonio Chairego, 1997, páxs. 28-30.
- GIL AGRAS, H. “Os cruceiros de Bretoña”, El Progreso de Lugo, 17-8-1991, páx.37.
- GONZÁLEZ REBOREDO, X.M., RIELO CARBALLO, N., SANTOS SAN CRISTÓBAL, S., e VALIÑA SANPEDRO, E. Inventario Artístico de Lugo y su provincia. Madrid: Servicio Nacional de Información Artística, Arqueológica y Etnológica, Ts. I-VI, 1975-1983.
- Inventario do Patrimonio Histórico-Artístico dos concellos de Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, Vilalba, Xermade, en Diario Oficial de Galicia, nº 18, 15-1-1990, páxs. 709, 714, 716, 720, 726-727, 736, 757-758, 760.
- LAREDO VERDEJO, J.M. Os Nosos Cruceiros. A Coruña: Ed. Boreal-Xuntanza, 93.
- PERNAS BERMÚDEZ, Carmen. “O cruceiro dos Catro Camiños de Vilalba” (I), en El Progreso, diario de Lugo, 30-4-1998, páx. 16.
- PERNAS BERMÚDEZ, Carmen. “O cruceiro dos Catro Camiños de Vilalba” (II), en El Progreso, diario de Lugo, 1-5-1998, páx. 16.
- PERNAS BERMÚDEZ, Carmen. “As cruces de pedra no olvido”, en Pena do Encanto, Boletín Informativo do Instituto de Estudios Chairegos, nº 1, 2001, páxs. 20-37.
- RODRÍGUEZ CASTELAO, A. As cruces de pedra na Galiza. Madrid:Akal, 1975. Ed. facsímil da que se levou a cabo en B. Aires en l049.
- TRAPERO PARDO, J. “Os cruceiros”, en Lucus, Boletín Informativo da Deputación Provincial de Lugo, nº 27, 1974, páxs. 25-40.
- VIVEIRO, Orlando. “O Latín dos canteiros”, en Terra Chá, Órgao das Brigadas en Defenda do Patrimonio Chairego, nº 2, 1997, páxs. 4-5.

NOTAS
15. Cruz do Toiral (Cospeito) e cruceiros do Calvario (Arcillá), de Fontela (Bexán), da Lamela (Goá), de Lamas, do Porto do Sal (Muimenta), da Casiña (Pino), de Queimosas (Rioaveso), de Anllo (Roás), da igrexa (Sta. Cristina), das Carballas (Seixas), de Ancares (Sisoi), de Nicolás (Sisoi), do Arco (Sistallo), de Algara (Vilapene), do Eirixado (Xermar), da Granda (Xermar), do Piñeiro (Xermar) e de Reximil (Xustás).
16. Cruceiros do Calvario (Arcillá), de Paredes (Cospeito), do Tumbo (Goá), de Momán de Abaixo (Momán), da praza (Muimenta), da Casiña (Pino), de Anllo (Roás), de Nicolás (Sisoi), do Galán (Sistallo), do santuario da Feira do Monte (Sistallo), de Algara (Vilapene) e do Eirixado (Xermar).
17. Cruceiros de Queimosas (Rioaveso), de Anllo (Roás), da igrexa (Sistallo).
18. Cruceiros dos Muíños (Roás), da igrexa (Sta. Cristina), de Ancares (Sisoi), do Galán (Sistallo), do santuario da Feira do Monte (Sistallo), do Calvario (Xermar), da Granda (Xermar), de Matacovo (Xermar), de Reximil (Xustás).
19. Cruceiros da Lamela (Goá), de Lamas, dos Muiños (Roás), da igrexa ( Sta. Cristina), de Ancares (Sisoi), do Calvario (Xermar), do Eirixado (Xermar), da Granda (Xermar), do Piñeiro (Xermar) e de Reximil (Xustás).
20. Cruceiros do Calvario (Arcillá), de Paredes (Cospeito), do Tumbo (Goá), de Lamas, de Momán de Abaixo (Momán), da igrexa (Muimenta), do Porto do Sal (Muimenta), da praza (Muimenta), da Casiña (Pino), de Queimosas (Rioaveso), de Anllo (Roás), dos Muiños (Roás), da igrexa (Sta. Cristina), das Carballas (Seixas), de Ancares (Sisoi), de Nicolás (Sisoi), do Galán (Sistallo), do Arco (Sistallo), da igrexa (Sistallo), do santuario da Feira do Monte (Sistallo), do Calvario (Xermar), do Eirixado (Xermar), da Granda (Xermar), de Matocovo (Xermar), do Piñeiro (Xermar), da Escanavada (Xustás) e de Reximil (Xustás).
21. Cruceiros de Lamas, de Queimosas (Rioaveso), dos Muiños (Roás), da igrexa (Sta. Cristina), das Carballas (Seixas), de Ancares ( Sisoi), do Arco (Sistallo), de Algara (Vilapene), do Calvario (Xermar) e do Piñeiro (Xermar).
22. Cruceiros da Lamela (Goá), do Tumbo (Goá), de Lamas, da igrexa (Muimenta), da praza (Muimenta), da Casiña (Pino), de Queimosas (Rioaveso), de Anllo (Roás), dos Muiños (Roás), da igrexa (Sta. Cristina), das Carballas (Seixas), de Ancares (Sisoi), do Galán (Sistallo), da igrexa (Sistallo), do santuario da Feira do Monte (Sistallo), do Calvario (Xermar), do Eirixado (Xermar), da Granda (Xermar), de Matocovo (Xermar), do Piñeiro (Xermar) e de Reximil (Xustás).
23. Cruceiros do Calvario (Arcillá), de Paredes (Cospeito), da Regueira (Cospeito), do Tumbo (Goá), de Lamas, de Momán de Abaixo (Momán), da igrexa (Muimenta), do Porto do Sal (Muimenta), da praza (Muimenta), da Casiña (Pino), de Queimosas (Rioaveso), de Anllo (Roás), de Anidos (Sta. Cristina), da igrexa (Sta. Cristina), das Carballas (Seixas), de Ancares (Sisoi), de Nicolás (Sisoi), do Arco (Sistallo), de Algara (Vilapene), do Calvario (Xermar), do Eirixado (Xermar), da Granda (Xermar), de Matocovo (Xermar), do Piñeiro (Xermar), da Escanavada (Xustás) e de Reximil (Xustás).
24. Cruceiros do Galán (Sistallo), da igrexa (Sistallo) e do santuario da Feira do Monte (Sistallo).
25. Cruceiros do Calvario (Arcillá), de Paredes (Cospeito), do Tumbo (Goá), de Lamas, de Momán de Abaixo (Momán), da igrexa (Muimenta), do Porto do Sal (Muimenta), da praza (Muimenta), da Casiña (Pino), de Queimosas (Rioaveso), de Anllo (Roás), de Anidos (Sta. Cristina), da igrexa (Sta. Cristina), das Carballas (Seixas), de Ancares (Sisoi), de Nicolás (Sisoi), do Galán (Sistallo), do Arco (Sistallo), da igrexa (Sistallo), do santuario da Feira do Monte (Sistallo), do Calvario (Xermar), do Eirixado (Xermar), da Granda (Xermar), de Matocovo (Xermar), do Piñeiro (Xermar) e de Reximil (Xustás).
26. Cruceiros do Calvario (Arcillá), de Paredes (Cospeito), do Tumbo (Goá), de Lamas, de Momán de Abaixo (Momán), da igrexa (Muimenta), da praza (Muimenta), da Casiña (Pino), de Queimosas (Rioaveso), de Anllo (Roás), de Anidos (Sta. Cristina), da igrexa (Sta. Cristina), das Carballas (Seixas), de Ancares (Sisoi), de Nicolás (Sisoi), do Galán (Sistallo), do Arco (Sistallo), da igrexa (Sistallo), do santuario da Feira do Monte (Sistallo), de Algara (Vilapene), do Calvario (Xermar), do Eirixado (Xermar), da Granda (Xermar), de Matocovo (Xermar), do Piñeiro (Xermar), da Escanavada (Xustás) e de Reximil (Xustás).
27. Ver nota a pé de páxina nº 26.
28. Cruces do Campo da Aldea (Bestar), da Regueira (Cospeito), do Claudio (Goá), da Salgueirada (Xermar) e de Omínelos (Xustás).
29. Cruceiros de Paredes (Cospeito), do Campo de Adán (Goá), da Lamela (Goá), do Tumbo (Goá), da Xoca (Goá), de Momán de Abaixo (Momán), do Porto do Sal (Muimenta), da Casiña (Pino), de Anidos (Sta. Cristina), da igrexa (Sta. Cristina), de Ancares (Sisoi), do Arco (Sistallo), de Támoga, do Calvario (Xermar), da Granda (Xermar), de Matocovo (Xermar), da Escanavada (Xustás), do Matodoso (Xustás).
30. GONZÁLEZ REBOREDO, José Manuel., RIELO CARBALLO, Nicanor., SANTOS SAN CRISTÓBAL, Sebastiñán e VALIÑA SANPEDRO, Elías. Inventario Artístico de Lugo y su provincia, Madrid: Servicio Nacional de Información Artística Arqueológica y Etnológica, T.I-VI, 1976-83.
31. Diario Oficial de Galicia, nº 18, 25-I-1990, páxs. 719-720.
32. Gabinete de Planificación e Desenvolvemento Territorial. Presidencia. Xunta de Galicia. 1993, páxs.92-103.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES