Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Desencontros

miércoles, 23 de octubre de 2013
A política ben poería entenderse como a arte de encontrarse, de dialogar e atopar puntos de coincidencia, aínda que parece todo o contrario.

A escala nacional, Rajoy e Rubalcaba, ou quen mande nos grupos políticos aos que pertencen, están condenados a entenderse en evitacións dos maiores males que lle poden caer encima a unha comunidade. E sen embargo, non parecen poñerse de acordo máis ca en que non están de acordo. Alomenos, no que se coñece a escala popular, que ao mellor resulta que en privado chegan a acordos dos que non chegamos a enterarnos.O mesmo hai que dicir do resto das forzas políticas, que alomenos entre si deberan ter un punto de referencia común, o progreso da comunidade que representan, aínda que exteriormente non pareza que defendan máis ca os seus propios intereses personais e partidarios.

Se nos referimos a Galicia, Feijóo e os representantes dos outros grupos políticos deberían ter artellado unha serie de xuntanzas informativas e de decisión para tentar afrontar conxuntamente os problemas que nos afectan. E sen embargo esgrimen cada quen a súa bandeira para intentar arrastras detrás dela unicamente aos seus partidarios esquecendo a existencia de todos os demais.

E a escala local, calquera dos nosos concellos é un perfecto exemplo de poder dun grupo que goberna e oposición de todos os demais, a menos que un deles teña a chave da gobernabilidade.

Vivimos nun tempo de desencontros, e así non imos a ningún lado. Os termpos que vivimos, pola súa dificultade, requiren dunha unión sen fisuras para camiñar na mesma dirección. Mentras non sexamos capaces de razonar, de encontrarnos, e atopar os puntos en común, non teremos nada – nada! – que facer. Nin en política, nin en todo o que a política toca, que ë todo o que afecta á nosa vida.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES