Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Don Emilio o do Botín

miércoles, 23 de octubre de 2013
Desde o Preguntoiro

Non pasa unha semana onde algún político larapeta cunha parcela de poder non diga unha falcatruada. Agora tócalle a un xurafaz que non é político, porén, manda e ordena neste país e xamais foi votado en ningunhas eleccións. Estou a falar do Sr. Botín xerifalte do banco de Santander, onde o pasado xoves espallouse cun tresvarío que é para “flipar”.

Estas son as súas palabras: “.......es un momento fantástico para España; llega dinero de todas partes. E para rematar a súa ousadía cualificou a súa fichase no banco de Rodrigo Rato comentando: “..... el mejor ministro de la monarquía”. ¡ Manda carallo na Habana !. Isto é un insulto á intelixencia do cidadán.

Este Sr. estivo debuxando un país irreal que non existe, unicamente que sexa esa España minoritaria de castas e millonaria que chega ao 1,5 % da poboación que o teñen case todo, onde no 2012 aumentou o número de millonarios nun 5,4 %.

Pon polas nubes ao chafallas do Rato, isto é de coña mariñeira. Don Emilio doulle un subsidio para incompetentes. A saber, arruinou as súa emisoras, vendeu Sintel por catro euros, dirixiu o Banco Mundial e baixo a súa xestión orixinou esta estafa mundial; volveu a España e montou o de Bankia...¡En fin, un luxo de individuo!.

Don Emilio, director desta orquestra fai bailar a todos ao mesmo ritmo, o primeiro bailarín do reino Sr. Rajoy sae mexando fora do cacho dicindo: “....los indicadores económicos apuntan a que la recuperación económica ya está ahí...”. Despois os bailaríns secundarios fan unha festa con viño e pulpada en A Coruña, onde o Sr. Rueda dicía que estaban a festexar a baixada do paro e o Sr. Feijóo a fin da crise (estafa). Teñen máis cara que un zapato vello.

O real deste país son os informes do Consejo de Europa que cre que os recortes de Rajoy “socavan los derechos humanos” , onde a redución das partidas no ámbito social, educativo e a sanidade, levan conducindo ao incremento da pobreza das familias. Esa é a realidade, o demais todo é fume.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES