Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pechados, funciona mellor

martes, 22 de octubre de 2013
Ven de celebrarse o debate sobre o Estado da Autonomía, e non é que este debate non dera de si algo importante, é que ningún debate da de si algo importante, xa que o que se debate non é o que nos interesa a todos senón o que lles interesa, única e exclusivamente, aos políticos e aos seus grupos.

Certo que algunhas cousas das tratadas teñen o seu aquel e poden derivar en mellor funcionamento de institucións, mellor aproveitamento de beneficios, algún avance en definitiva. Pero non se entra no tema xeral, no tema que a todos afecta... o debate debía centrarse de xeito exclusivo en ver como é posible sacar a este país do pozo sen fondo do paro, da atonía da economía, da desaparición de empresas, da falta de ilusión, da inexistencia de perspectivas de futuro.

Ise é o único tema posible, e sobre iso tiñan que traballar todos os grupos políticos, e non pechar o debate ata estar totalmente de acordo na política a seguir, nos diagnósticos e nas solucións.

Cando os cardenais se xuntan para elixir un novo Papa, quedan pechados na Capela Sixtina, e non saen ata que teñan decidido a persoa que vai gobernar a Igrexa a partir dese momento. Algo así teríamos que facer aquí, sen chegar a métodos violentos ou de presión que nalgún caso se teñen utilizado: pechar aos nosos representantes políticos na correspondente cámara, e non deixalos saír ata que estiveran totalmente de acordo na política a seguir.

Seguro que, pechados, lograrían consensos que polo de agora se evidencian imposibles. E falarían do que nos interesa a nós, e non só do que lles interesa a eles mentras a nós ises temas nos deixan fríos, cando non nos excitan os ánimos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania