Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Baterías

martes, 22 de octubre de 2013
Bateras Nestes tempo de tribulación para moitos, cando a FMI recomenda baixar salarios e despedimentos mais baratos, cando os que gobernan cobraron sobresoldos escandalosos, cando a corrupción na clase política acada cotas insospeitadas, cando unha princesa e Facenda non se aclaran, cando o paro aumenta día a día, etc, o mellor e coller o zurrón e botarse a andar na procura de ventos máis limpos para que lle dea a un un chisco de aire fresco na faciana e esquecer, por un momento, tanta anguria e cabreo acumulado. E iso fixen hai uns días: boteime a andar cara á Bailadora, aló no Montefaro que forma co monte San Cristovo, en fronte, as dúas columnas de Hércules da ría do Ferrol.

O meu obxectivo era visitar as ruínas das antigas baterías que alí se instalaron cando a ditadura de Primo de Rivera co gallo de defender a ría de posibles ataques polo mar. En varias ocasións andei polas que están na zona norte, dende onde se divisa unha panorámica da ría incriblemente belida, pero non camiñara polas que están no sur. Merece consideración esa arquitectura militar subterránea con unha chea de galerías e estancias destinadas practicamente ao servizo das pezas de artillería que nun tempo estiveron instaladas alí: uns canóns ciclópeos que foron encargados á empresa Vickers de Inglaterra e que nunca, afortunadamente, entraron en combate.

Nunha ocasión o xeral Gabeiras díxome que so dispararan nas probas de tiro e que tiñan un alcance de uns 30 quilómetros. Eu recordo un par de pezas instaladas alí, que logo desapareceron, dixeron que para flanquear, como ornamento, a entrada dunha academia militar nos EE.UU. Na actualidade serían un bo reclamo para moitos visitantes, como sucede coas que si se conservaron no Monte San Pedro de A Coruña, algo máis grandes que as de Montefaro e que en nada teñen que envexar a aqueles míticos e cinematográficos canóns de Navarone. Portan un calibre de 38,1 cm, unha lonxitude de 17 metros e disparaban uns proxectís de máis de oitocentos quilos a unha distancia de 37 quilómetros. Estes están ben conservados e aquí so quedan as pétreas ruínas dun vetusto asentamento militar que o concello de Ares, malia a que está caendo, trata de restaurar e poñer en uso público. Mágoa que non queden mostras das pezas de artillería que lle darían ao asentamento un valor histórico engadido no que poderíanse programar visitas guiadas que a bo seguro espertarían a curiosidade dos interesados nun anaco da nosa historia mais recente.

O monte San Pedro é hoxe un espazo de lecer para a xente que desexe desprazarse ata alí, onde dispoñen de parque infantil, labirinto, establecemento de hostalería e un importante contedor cultural. Por esta banda poderíamos dispor de algo parecido, pensei namentres camiñaba por ese enguedello de pasadizos subterráneos onde outrora deambulaban os encargados de manter operativos eses canóns cuxa presenza era xa unha disuasión para calquera que ousara aventurarse. A néboa mesturada coas pedras grises dos alpendres, nun dos cales penduraba a data do ano 1900, dáballe ao entorno un aire certamente inquietante e misterioso.

Cando descendía pola faldra do monte seguindo un sendeiro pedregoso, pensei que o mesmo os concellos de Ares e Mugardos poderían facer un pequeno esforzo. A idea foise dispando ao mesmo tempo que a néboa. Pero soñar non custa nada, non si?
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES