Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Bos viños con identidade

martes, 22 de octubre de 2013
A Asociación Álvaro das Casas convócanos no Pazo dos Ulloa, Eposende-Ribadavia, ao acto público de entrega dos “Bacelos de Prata”, galardón que premia ás adegas que etiquetan no noso idioma.

A Adega Cachín elabora a marca “Peza do Rei”, que recentemente foi noticia por ser escollida polos organizadores dun banquete ao que acudíron o presidente Obama e personalidades da cultura e artes escénicas dos EE.UU. César Enríquez Diéguez que é o director da adega explicou así no libro “Palabras da Terra” a súa aposta pola lingua galega: “Utilizo a lingua galega porque son galego; porque penso e falo en galego; porque coido que todo consumidor debe saber a orixe dun viño e non hai mellor maneira de sabelo que falando a súa lingua, o das súas xentes e o da terra que o víu nacer. Desta maneira reforzase a súa personalidade e faise máis senlleiro”.

Alfredo Fernández Rodríguez é o xerente da Adega Pousadoiro que dá nome a súa marca. Home de moitos saberes - veterinario e enólogo-, define así o seu viño: “Este viño é o resultado dun traballo ben feito, que combina a mellor tradición artesá no cultivo dos viñedos, a escolla manual da uva escollida na viña, cunha tecnoloxía cada vez máis moderna na adega e o asesoramento necesario para facer da materia prima un produto sutil en naris, equilibrado en boca e con arrecendos de froitas maduras con óso e recordos a froitas tropicais”.

Cachín e Pousadoiro son dúas adegas que saben que a mellor maneira de prestixiar os seus viños é identificalos co noso idioma, reforzando así a súa orixe nos mercados foráneos onde se poden mercar, emulando ás moitas marcas de viños e licores fabricados noutras latitudes ben afastadas de nós que se venden en Galicia nos respectivos idiomas sen que esta circunstancia limite o número de consumidores, que os máis deles non son quen de leren as etiquetas.

Do sector agroalimentario, o vinícola vén sendo a vangarda na innovación tecnolóxica. Pero éo tamén na identificación das súas marcas co noso sinal de identidade. Xa son cento noventa e sete as adegas que etiquetan no noso idioma. Grazas a elas acadou prestixio e proxección nos mercados internacionais.

Aproveitamos esta breve louva para dirixir aos consumidores galegos a mensaxe do fomento do consumo responsable e solidario coas marcas que etiquetan en lingua galega. Deste xeito estamos a facer posible o mantemento dun sector produtivo que xera economía e fixa poboación no rural, ao tempo que contribúe a fomentar a lingua galega no ámbito económico no que aínda ten escasa presencia.

O próximo sábado, día 26, cando as campás da igrexa de Santo André dean as badaladas anunciando a oración do ”Angelus”, o pazo dos Ulloa recibiranos na súa adega onde en 1936 Álvaro das Casas constituira a Unión de Colleiteiros do Ribeiro do Avia.

(Xosé González Martínez é Presidente do Foro E. Peinador).
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES