Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non verter por fora

miércoles, 23 de octubre de 2013
Vivimos tempos nos que os medios de comunicación buscan , non só dar a noticia, senón ampliar a súa repercusión. O problema é que nesa busca, ás veces, magnifican a nova de tal xeito que acaban por desvirtuala.

É importante recuperar un tratamento máis obxectivo e profesional da noticia buscando beber da propia fonte que a produce; e non de informacións que poden ou non provir da orixinal.

Informar non é minimizar nin magnificar, e se ben a información totalmente obxectiva non existe, debemos procurar contar feitos sen tratar de influír nas emocións da lectora ou lector; a quen hai que presupoñerlle a suficiente capacidade para sacar a súas propias conclusións sobre o tema.

Unha información obxectiva pode xerar estados de opinión que deriven en diversos artigos (agora si, subxectivos) sobre o tema. Pero, se a información nace postulada, non deixa lugar para que o pensamento crítico reflexione sobre o tema proposto.

Polo tanto, debemos aprender a contar o que pasa na sociedade e o que fai cada persoa de xeito obxectivo, informando sobre os ideais e os fins que persegue cada proxecto, para que a lectora ou o lector cree a súa propia posición.

Só informando sen sensacionalismo, seremos capaces de xerar pensamento crítico para un verdadeiro estado de opinión.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania