Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nada hai novo no Camiño

lunes, 21 de octubre de 2013
A garda civil ven de levar a cabo un operativo no Camiño de Santiago de Fisterra, o que se adoita facer tamén ao revés, desde Santiago, poñendo de manifesto a existencia dunha rede de albergues ilegais que incumprían practicamente todos os parámetros esixidos pola lexialación vixente.

Fálase de falla de licencias municipais, de non rexistrar os viaxeiros, incumprimento de obrigas coa Facenda e a Seguridade Social, carencia de hixiene, e un amplo etcétera.

Varios factores se xuntan neste tema, xa que dunha banda a afluencia de viaxeiros fai que se desperten iniciativas de todo tipo que non dubidan en botarse a camiñar sen ter cumprido os trámites legais e doutra está tamén – aparte da natural picaresca que un fenómeno como este desperta- a necesidade derivada da crise actual que fai aguzar inxenios para buscar solución económica ao amparo do fenómeno xacobeo.

Un dos aspectos máis chamativos é a disputa entre estes empresarios ilegais polos posibles clientes, aos que materialmente empuxaban e agarraban para conseguir con esta presión que os seus establecementos foran os elixidos.. o que en definitiva non é tan extraño, porque hai séculos que os industriais compostelanos recorrían á inversa un longo tramo do Camiño, xa dentro da provincia de Lugo, para comprometer como clientes aos viaxeiros, e con eles toda unha amplísima gama de traficantes e estafadores que buscaban roubar aos confiados viaxeiros antes de chegar á súa meta.

Nada hai novo no camiño, nin os empresarios avispados, nin as malas artes, nin a forza do Camiño.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES