Pintando Entreaugas
domingo, 25 de marzo de 2001
Dende a pintura, navegacións pictóricas, coa forza da cor acuosa, coa reflexión sobor dos elementos líquidos, a pintura esvarando, salpicando, creando novas sensacións, novos espacios, novas miradas, impresións recollidas e logo elaboradas no propio proceso pictórico, no proceso creativo, na impronta, na intuición. Combinación de distintos soportes i elementos que van configurando o espacio pictórico e de traballo, acumulación dos materiais, ideas e proxectos, borróns e manchas, o lada dos bocetos previos, todo un magma de ideas, de materiais, de procesos que van dando lugar a navegación poética da pintura sobor dos soportes, sobor das telas, das madeiras, dos papeis, e que van configurando pouco a pouco, co pouso do tempo e dos distintos secados das capas, a obra, o cadro.
Percorridos da auga, navegacións das ideas líquidas, que van xurdindo dende os manantiais, para logo pasar polas fontes, rios, fervenzas ata chegar o mar. As cores húmidas siguen a esvarar nos procesos pictóricos, aparecendo e desapa-recendo, salpicaduras de pinturas líquidas que enchen de brétemas as rugosidades pétreas dos diversos soportes nos que se traballa. As sensacións, impresións, vivencias, van alumeando o maxín, iniciando unha nova viaxe de regreso, de achegamento. Un regreso con novas miradas, apreciacións, e novos proxectos, como a idea pictórica-poética de traer o mar a Compostela.
Nolo Suárez: PERCORRIDOS DA AUGA
Suárez Varela, Manuel
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora