Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Camiño da aldea

lunes, 21 de octubre de 2013
Ás dez da mañá os tellados das casas do barrio de Argimiro Rochela Suárez brillaban a causa da impresionante xeada existente aínda a esa hora.

Argimiro vestiuse de tal maneira que se pode dicir que nin unha bala o traspasaba. Subiu ó seu vello coche e deixou durante uns segundos que rosmase para que quecese un chisco. Pero aínda así, cando empezou a manobrar, o freo non respondeu ás primeiras pisadas. Menos mal que non había ningún obstáculo por diante no que impactara o coche.

Tras varias pisadas abrandou e o pedal xa baixou ata o fondo. Argimiro Rochela Suárez colleu camiño cara á aldea con moito coidadiño; non fora o demo que a xeada o mandase a unha cuneta. Chegou san e salvo para traballar durante todo o día na viña que ten na aldea.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania