Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Política e velocidade

viernes, 18 de octubre de 2013
Agora que a política ten invadidos todos os campos da actividade humana, e os políticos deciden sobre todos os aspectos que rexen o noso comportamento, a nosa alimentación, as nosas relacións, a economía, o traballo, a formación ou o amor, percibimos a evidencia de que tamén o fan sobre as nosas viaxes, desprazamentos, e comportamento desde o mesmo momento en que deixamos de ser peatóns. En galego dise agora “peóns”, pero para nós iso –peóns- é outra cousa que nunca deixamos de ser.

Durante un tempo, reduciuse o límite máximo da velocidade dos automóviles a 110 km. por hora, xustificando a medida nun suposto importante aforro no consumo de combustible, do que nunca se volveu falar.
Logo alguén soltou o rumor de que as actuais autovías gratuítas poderían pasar a ser de pago pola dura crise que soportamos pero as reaccións parecen ter feito desistir a quen o intentase.

E agora estase estudiando que nas autovías, e naturalmente nas autopistas, se autorice que a velocidade máxima sexa de 130 km. por hora, por alixeirar a circulación facendo o tráfico máis fluido. Que ao parecer esta decisión viría acompañada pola medida de reducir a 90 por hora a velocidade das vías convencionais para evitar accidentes.

Pode que esta ampliación de velocidade non teña nada que ver coas elevadas perdas económicas das autoestradas de pago, que con este aumento terían un excelente argumento para a súa utilización, pero –ademáis das posibles razóns técnicas ou de seguridade- é unha clara aposta polas vías máis seguras e máis caras. Sen esquecer que as estradas tradicionais, esquecidas da man da administración, teñen numerosos lugares con limitacións absurdas, ridículas, cun importante papel disuasorio.

De novo, política da velocidade, plenamente acorde polo que se ve coa velocidade da política, especialmente nos temas menos importantes e case sempre menos urxentes.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES