Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os Cobizosos de Quenda

jueves, 17 de octubre de 2013
Desde o Preguntoiro

Hai uns días Cáritas sacou un informe demoledor da situación na que se atopa este país: “...La pobreza severa ya afecta a tres millones de españoles....”. Unha situación de esquecemento, inxustiza e despóxannos dos dereitos básicos das persoas. A renda por persoa foi caendo desde o 2007 ata o 2012 nun 11 %. Porén, segundo Rajoy a crises (estafa) estase a resolver entre todos cun sacrificio equitativamente. Montoro di que subiron os soldos e a vicepresidenta comenta: temos un fraude no paro de 0,15 %. Todo é mentira cochada. A crises (estafa) só a levan ás costas os de sempre: os traballadores e os pequenos autónomos. As elites cada vez son máis ricos e prosperan a conta de fundir aos cidadáns.

Os soldos baixaron coa reforma laboral, o Sr. Montoro non ten os pés no chan e subíuselle a próstata aos miolos. O fraude fiscal está nestes intres nun 75% das grandes corporacións do IBEX, isto é o que ten que arranxar a Sr. Soraya, non con medias verdades (que son as peores mentiras) que dixo sobre o fraude do paro. Fraude que non chega a 5000 casos, onde esta señora fala de 500.000, votouna gorda por esa boca “grande e libre”.

Agora fala outra vaca no millo, a Sra. Lagarde desde o FMI. Fala de acadar a expropiación dun 10% da riqueza das familias para diminuír a débeda pública, ou sexa unha quita ao patrimonio dos fogares dos cidadáns, esta muller (foi imputada por corrupción xudicialmente en Francia e saíu de “rositas”) non pode ter a próstata nos miolos por ser muller , coido que algo descerebrada está. Só nos falta que nos quiten a dignidade como persoas e seres humanos.

Isto é o que este neoliberalismo con carga ideolóxica estamos vivindo; isto non troca cun cambio de goberno. Se non hai transformación democrática, social, económica e política seguiremos nas mesmas ou peor.

¿Para que queremos un Estado se temos que vivir da beneficencia e caridade?. Tempo ao tempo. ¿Ata cando imos aguantar?.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES