Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mulleres colleiteiras

martes, 15 de octubre de 2013
Hai iniciativas que son un punto de referencia, tanto por o seu carácter innovador, como creativo ou por a súa xeración de valor a un colectivo concreto, a sociedade en xeral e o medio ambiente en particular. Son deses fitos, que marcan un antes e un despois, nun colectivo con grave risco de exclusión social, e serven de mecha para iniciar outros proxecto ou de modelo a imitar en situacións similares.

Estou a falar do “Programa de inclusión social en asentamentos chabolistas” que Arquitectos Sen Fronteiras está a desenvolver en A Coruña, e que na súa Area Laboral está traballando no Proxecto Mulleres Colleiteiras, coa colaboración da Fundación Ronsel, Reciflu e a Asociación de Veciños Monte Alto-Atochas-Torre de Hércules.

É un proxecto factible. Reúne os parámetros que permiten alcanzar unha meta con facilidade, dado que é medible, específico, realista, ético e ecolóxico. Conta con recursos para levalo a cabo. Ten un plan estratéxico de actuación, dentro dun marco temporal e conta con indicadores, que van a ir informado, si se avanza de forma adecuada. Este programa busca o aceso o traballo normalizado e remunerado de mulleres en situación de exclusión social, a través da xestión do aceite doméstico usado.

O proxecto consiste na recollida do aceite usado porta a porta, almacenamento e posterior tratamento para convertelo en biocombustible.

A primeira parte do proceso, xa está sendo realizada por mulleres en situación de exclusión social, con excelentes resultados, esta mesma semana xa alcanzaron os mil litros.

Este proceso permite pasar do círculo vicioso que ten na actualidade o aceite usado, e entrar no círculo virtuoso que supón esta meta retadora, o ser capaz de converter un problema nun recurso valioso, e formar parte do escenario das enerxías limpas.

A través desta iniciativa, ofrecese un novo servizo a cidadanía; créanse postos de traballo, estables e remunerados, para un colectivo en situación de exclusión social; afórranse custos no proceso de depuración de augas residuais; transfórmanse o aceite en enerxía limpa; incrementase a autoestima das participantes e contribuíse a educación e sensibilización da cidadanía na xestión eficiente dos residuos urbanos.

Hai que felicitar e agradecer a Arquitectos Sen Fronteiras por a visión que tivo para por en marcha este proxecto de futuro. O mesmo a Fundación Ronsel, a Reciflu e a Asociación de Veciños Monte Alto-Atochas-Torre de Hércules, por estar traballando día a día, acompañando a Arquitectos Sen Fronteiras nesta misión, e por suposto, a esa trintena de mulleres dos asentamentos chabolistas da cidade da Coruña que ten a valentía de loitar por unha vida digna para elas e as súas familias.

A todos eles o meu agradecemento, a miña admiración e a miña gratitude por facer posible un mundo máis solidario, máis xusto, máis ético e mais ecolóxico, no que todos poidamos ser iguais a pesar de ser diferentes.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES