Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Animación política

viernes, 23 de septiembre de 2005
Case sen darnos conta, o pasado día 21 comezou o outono. Que, se atendemos ás temperaturas que se acadan nas horas centrais destas xornadas, pode ser calificado como "outono quente".

A quentura do outono foi unha das serpentes máis socorridas nos veráns nos que non ocorría case nada e facía falla acudir a tópicos, temas recurrentes, lugares comúns e calquera outra vaguedade.

Pero aquela quentura era máis social ca política, e referíase a manifestacións, folgas e demáis alteracións en demanda de melloras económicas para os traballadores. A quentura de agora é climatolóxica e política.

Porque se a animación económica está garantida -e ahí está a loita polo control de Fenosa para demostrar a viveza dos movementos posicionais no sector da enerxía- a política tamén.

A escala nacional, as loitas internas do PP en relación co matrimonio dos gais, loitas que nunca deberan chegar á opinión pública polo ben do partido, evidencian que algo ten que asentarse na primeira formación da oposición.

Pero en Galicia, deixando á parte a sucesión de Fraga, que é tema candente e seguirá a selo por moito tempo, a animación corre a cargo da dupla gobernante, que se evidencia nos roces que saen á luz, a pesar do coidado de ámbalas dúas forzas en dar impresión de placidez nas relacións.

A decisión da Presidenta do Parlamento (Psoe) de non permitir á Mesa pola Normalización Lingüística dar unha rolda de prensa naquela institución (decisión totalmente coherente), fai que membros do Bloque recorden que eran máis comprensivos os do PP.

O cruce de palabras entre o Presidente Touriño e o Bloque, sobre a necesidade ou non do voto do Bng para a aprobación dos presupostos en Madrid, fai renxer o entramado sobre o que se asenta a nosa convivencia política actual.

Esto só é comezo. Animación garantida. Sobresaltos para os que están mergullados nos ambientes da política. Pequenas alteracións para que nada cambie; para ter vivos os vínculos imprescindibles da permanencia no poder.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES