Hora a hora
Editorial - jueves, 17 de octubre de 2013
Sería no tempo da Guerra cando España cambiou a súa hora oficial e adaptouna ás grandes nacións da Europa de entón, e agora plantéase a posibilidade de recuperar aquela hora, para volver á situación inicial e axeitar a hora do país á realidade imposta pola súa situación xeográfica.
A comezo dos anos sesenta, aínda as xentes maiores deste país lembraban a existencia da hora anterior, e falábase da hora pola vella, e hora pola nova. A hora pola vella sempre era unha hora máis atrasada que a nova. A hora pola vella sería a mesma que hoxe ten Portugal, que non sufríu máis variación que as que impón a Unión Europea para aproveitar enerxia segundo a estación do ano.
O tempo, que todo vai varrendo, encargouse de quitar das nosas xente a memoria dunha hora que en tempos tivemos e logo quedou arrumbada por intereses políticos, sen que ninguén se preocupara en todo este tempo de volver as cousas ao seu sitio.
Se a medida vale para anular un feito oportunista, igualarnos a Portugal racionalizar o consumo de enerxía, cámbiese a hora, a fin de contas un convencionalismo, que o paso do tempo fará esquecer por establecer unha normalidade permanente.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora