Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Céntimo sanitario

martes, 15 de octubre de 2013
Que doado é para os gobernantes aprobar determinados impostos que solucionan os seus problemas económicos pero trasládanos a todos os cidadáns!. Que doado é para o goberno central crear impostos que as autonomías terán logo que aplicar, ao seu libre albedrío.

O céntimo sanitario comezou a rexir en Galicia hai case dez anos, gravando o consumo de carburantes para financiar gastos derivados da sanidade pública.

Ata agora, en Galicia – xa non era un céntimo- viñase aboando un imposto de 2,4 céntimos de euro por litro de gasolina e 1,2 polo de gasoil. Pois segundo se ven de saber, os presupostos autonómicos do próximo ano, contemplan unha subida de 2,4 cts na gasolina e 3,6 no gasoil, chegando ao tope que a norma do imposto permite, para conseguir para as arcas autonómicas un total de 53.000.000 € ao ano.

Chégase así ao teito establecido por Lei para este céntimo sanitario, que é de 0,048 euros por litro, ao que haberá que sumar a repercusión do 21% do imposto do valor engadido, ive.

Solucionar problemas on cargo ao presuposto, aduxicándollo á totalidade de contribuíntes, segundo o nivel de cosumo e independentemente das súas circunstancias, é o máis doado e de máis facil implantación. Pero tamén evidencia que o que goberna vai ao doado, e non lle bota imaxinación ao feito de gobernar senón que aplica normas sen matices, sen análises, como calquera particular que tenta solucionar todos os problemas a golpe de talonario.

O céntimo sanitario no nivel do céntimo entenderíamolo e entendímolo todos. Subir ese imposto nun cen por cento para a gasolina e un trescentos por cento para o gasoil é unha medida demasiado alegre, inoportuna, sen sentido, e pola que alguén deberá responder.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES