Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Con ollos de Ministro

lunes, 14 de octubre de 2013
Se en tempos o ollo do amo engordaba o cabalo, na actualidade o ollo do ministro pode facer engordar todos os parámetros que se calculan desde o seu departamento ministerial.

Para o Ministro Montero, titular de Hacienda e especialista nas contas do Estado, os salarios non están a baixar senón que incluso rexistraban alzas moderadas.

A realidade está empeñada en levarlle a contraria ao ministro, e en facer patente a través de todos os observatorios, mesmo das cifras que os ministerios manexan, que os salarios sofren contención e non é xa que non aumenten o que deberan segundo os convenios e a aplicación do custo da vida senón que rexistran rebaixas esixidas polos tempos e as circunstancias para evitar males maiores males na destrucción de emprego porque a situación das empresas poida volverse insostible.

É incrible que persoas solventes no exercicio privado da economía, ao acceder a un cargo público de responsabilidad, cambien de pareceres e de conductas, neguen o innegable, e pretendan que todo vai ben, ou que todo por fin parece endereitarse para tranquilizar ao persoal.

Sabido é que case todo cambia, varía, dependendo do cristal con que se mira. Pois neste caso, na política da actualidade, a visión da economía e dos problemas laborais, con ollos de ministro, pode facer cambiar todo no mundo de ilusión no que algúns chegan a vivir.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES