Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O símbolo é un causante motivo de causa.

lunes, 14 de octubre de 2013
In hoc signo vinces, e as cousas estiveron moi claras para o emperador Constantino I: Os ceos puxéranse dunha parte e a esa ascua tiña que arrimarse. O emperador era home sabio, pois sabio tamén é o que sabe ler naquilo que se mostra evidente para o que sabe mirar. Porque o símbolo é invisible para os apáticos, os que deixan que a vida transcorra sen tomar parte. O símbolo para ser visible precisa dunha atención especial, incluso poderiamos dicir que o símbolo elixe a quen sabe mirar.

O símbolo está aí porque tivo varias causas que o motivaron, pero o símbolo determina como causante o devir...... se esa invisibilidade revélase ao que abre os ollos.

Na costa mediterránea estase a revolver a terra. Cántas veces temos, tivemos e teremos que sufrir os ataques da natureza!. A nosa estadía no universo, de formar parte desta amálgama prodixiosa (prodixiosa pola estabilidade do inestable) obríganos a convivir con esta posibilidade de ter a apocalipse á porta de casa. Somos fillos da continxencia do universo, do seu precario e, ao mesmo tempo, sólido equilibrio. Desde sempre sufrimos eses ataques cos elementos desbordados, e desde sempre nos tivemos que adaptar até o punto de consideralos parte deste vivir na nai terra. Porén, que mesmo nós provoquemos eses ataques por mor da cobiza e sen ter en conta a súas consecuencias, fuxe de calquera interpretación racional. Máis isto non importa. O que importa é que estes movementos da terra, cataclismos provocados intencionadamente ou sen esa intención premeditada, dan a medida de ata onde pode chegar a cobiza expansiva e xustificada pola actual deriva deste capitalismo caníbal no que se escudan algúns con tal de facer rendibles as súas operacións económicas sen ter en conta ningunha previsión que altere esa rendibilidade.

A terra trema. A terra trema e fai tremer con estremecementos ancestrais aos seres que a habitan. Desde sempre. Pero o acento está no artificio. Non son estes tremores artificiais un símbolo de moitas cousas, sobre todo dun xeito de facer que trastorna o que soamente a natureza ten e posiblemente debe ter poder de facer?

Cántas sinais dos ceos fan falla para espertarnos?
Tebas está asolada pola peste. O pobo pídelle a Edipo que busque a causa desa peste. Todos sabemos o desenvolvemento desa traxedia, non é este o momento de recordalo. Mesmo que as causas e as consecuencias da traxedia de Sófocles parezan tan distantes e distintas ao que agora acontece, segue estando o símbolo, a peste, a ferida aberta. Porque a peste é, ante todo, símbolo. A peste mostra que algo acontece que perverte a orde natural e soamente coa catarse se pode saír desa podremia que é, ademais de pola enfermidade e a morte, a negación da vida social, posto que a peste é contaminación, contaxio. E nós cidadáns do hoxe deste país, acaso non notamos como nos sobe a febre desta peste que nos chaga a alma e nos podrece o corpo. Esta peste significada neste símbolo que simboliza moitos máis. Porque este símbolo pon en carne viva a profanación da natureza e as súas consecuencias na orde social e cando se profanan ambos os dous, o sacrilexio entra no corazón do magma da vida e todo pervértese.

Non obstante vémolos símbolos e non queremos ollar para eles. Rexeitamos esa ollada porque céganos o seu resplandor.
Cando seremos capaces de mirar nos ollos desa luz para espertar como Edipo e buscar a verdade, esa verdade evidente escondida detrás das pálpebras do que non quere ver, e despois de atopala lavarnos coa redención de culpa? Quén a teña.

Fai falla un diluvio para limpar tanta vasoira. Porque Edipo non está, perdeuse e non atopa o camiño de volta.

Ao principio foi o símbolo e os cegos voluntarios habitaron a terra.
Catoira Rey, Rafael
Catoira Rey, Rafael


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES