Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Deputados

viernes, 11 de octubre de 2013
Chegados a este punto da historia, o panorama político preséntase escuro, brumoso, difícil de ver máis lonxe do que alcanza a actualidade de cada día. E os políticos levan consigo o lastre que lles foron incorporando os erros dos anos de democracia, os beneficios descomunais que os seus iguais se foron asignando, e a situación de privilexio que agora mesmo disfrutan a pesar de que todo ao arredor parece desmoronarse.

Que os deputados do Parlamento galego vaian cobrar uns trescentos euros menos ao mes polas maiores contribucións que van ter que efectuar á Facenda pública, non consegue aminorar a situación de crítica xeral xa que aínda que se mitiguen algunhas flagrantes desigualdades seguen a percibir os deputados emolumentos mensuais catro veces maiores que un traballador normal de calquera actividade laboral.

Certo que un representante público debe estar ben pagado porque o seu elevado papel así o esixe, pero coa que está caendo resulta que só determinadas prazas da administracións e os cargos políticos se libran da crise e son punto de referencia para a mellora do nivel de vida de calquera que queira dedicarse á actividade máis rendible.

É un paso no bo camiño a desaparición parcial de cantidades non suxeitas a retención. Pero aínda queda moito camiño por andar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES