Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sexamos felices

viernes, 11 de octubre de 2013
Os políticos están empeñados en que sexamos felices, e nós case sempre nos deixamos ir. E falo dos políticos que nestes momentos están gobernando o Estado español, como de calquera outros que poidan gobernar noutro momento, que cambiaremos de político pero non de encantador xa que todo político é un encantador en potencia, só lle fai falla alcanzar o poder.

O paro levaba seis meses baixando, pouco pero baixando, e cada primeiro de mes o ministro de turno ou os seus máis directos axudantes facían festa porque a baixada do paro indicaba que estabamos no bo camiño, que asomaban brotes verdes polas esquinas, e que vivíamos un proceso imparable que nos ía colocar moi axiña na liña de crecemento que nunca debemos abandoar.

Coñeceuse recentemente o dato do mes de setembro, onde non descendeu o paro senón que aumentou en vintetantas mil persoas. Pero como por arte de maxia as cifras resultaron ser tamén boas, porque se non o son en termos absolutos si o son relativamente, sacando a relucir os resultados dos setembros anteriores, que foron moito peor ca estos.

Velaquí que, segundo o goberno, non temos porque preocuparnos porque a vida segue, todo vai mellorando, as pensións van subir un 0,25%, os copagos solucionan problemas económico-sociais e o ano que ven comezamos a crear emprego.

O malo é que aínda que pretendan vendernos como bo o mal resultado dun mes, tampouco as cifras do paro son verdades absolutas xa que hai moitos parados que porque non agardan subsidio de paro non se van apuntar ás oficinas do INEM, das que tampouco agardan solucións ao seu problema nun tempo no que o paro polo de agora parece irresoluble.

E así andamos neste outubro, co goberno empeñado en que sigamos sendo medianamente felices porque España vai ben, e todo o que vemos ao noso arredor empeñado en levarlle a contraria. Agora só temos que decidir en quen imos confiar... O goberno agarda que a nosa confianza sexa para el. O resto do mundo non se preocupa polo tema da confianza, e segue a mostrarnos a súa cara máis pesimista. Como os lucenses estamos no San Froilán, os que aqui vivimos temos algunha que outra razón para estar felices. Pero as festas só duran nove días.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania