Rei, rei...
Editorial - jueves, 10 de octubre de 2013
Lembrando aquel vello xogo infantil, os políticos poderían xogar e de feito, suponemos que o fan- ao Rei, rei... cantos anos gobernarei, para concluír cun rotundo Non o sei, porque tal como van as cousas , nada hai asegurado.
Din os entendidos da política que o bipartidismo está caducado, que o feito de que agora goberne o PP e antes o PSOE, e despois deus dirá, xa non vai repetirse, que outras forzas van aparecer puxantes na sociedade para barrer ese fenómeno da alternancia.
Que en Galicia o Bng actúe como minoritario respaldo do tamén minoritario PSOE (todo esto, nalgúns casos tan só) non significa a excepción desa teoría, porque a solución ven sendo ou PP ou PSOE, este último coa axuda dunha forza nacionalista.
Os grupos políticos teñen que estar preocupados, porque os votantes están entre escépticos e cabreados e pode pasar calquera cousa no momento en que todos sexamos chamados a pronunciarnos sobre o inmediato futuro político.
Xa non basta con xogar ao Rei, rei.... hai que cavilar no futuro, cambiar o que haxa que ir cambiando, e poñer a remollo todas as barbas.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora