Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os pensionistas

jueves, 10 de octubre de 2013
Desde o Preguntoiro

Cos presupostos do ano 2014 este goberno desliga aos pensionistas do IPC, rematan de pasar a liña vermella sobre o que prometeran de non pasar a tesoira, iso quere dicir que estes escachapiollos tiñan que estar no cárcere por moitos anos, principalmente a Fátima Báñez que é o peor que lle caeu enriba a este país, esta que non traballou xamais na súa vida, coas súa prebendas, privilexios, dietas vai ben sobrada.

Soben as pensións no 0,25 por cento, cando o IPC xa vai no 3,5, xa estamos fartos que nos tomen por paspáns. Porén, a luz non teñen ningún reparo a subila nun 3,5 por cento. Coido que este partido podre saltouse tódolos marxes a que podemos chegar. ¿Quen son estes desalmados recortando a miseria pensión?. Sustento de moitas familias que coa estafa que estamos a vivir moitos sobreviven a conta dos avós.

As asociacións de pensionistas máis os sindicatos sospeitan que estes “listillos”están a dar os primeiros pasos para privatizar o sistema de pensións, cando iso é unha burla e unha mentira, deixas diñeiro no banco a prazos, pero cando te xubiles e queiras rescatalo tes que pagar gastos do rescate, si é do total ao ano fiscal seguinte conta como capital cun 19 por cento, votando números as contas non saen, os gastos máis o que pagas a facenda saes perdendo, tanto o banco como o estado lévase parte dos teus aforros e fan uso do diñeiro durante moitos anos, unha puñetera estafa.

A señora presidenta do FMI Chistine Lagarde (con moitos anos ao lombo) comentou fai unhas semanas justificando a baixa das pensións: “el riesgo de que la gente viva más de lo esperado” . Non sei se dicía isto con segundas, ou teñen que meternos nas cámaras de gas. Non sei que pensar, asemella a aquelas palabras que dicía aquel home de bigote que implantara o nazismo en Alemaña, de nome que non quero lembrarme.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES