Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Benditas as persoas coidadoras!

jueves, 10 de octubre de 2013
Ó longo da nosa vida precisamos de coidadores que nos axuden nas nosas necesidades cando non podemos valernos por nós mesmos.
Todos precisamos persoas coidadoras e todos exercemos de coidadores nalgunha ocasión da nosa vida.

A primeira coidadora por excelencia é a nosa nai biolóxica.
A nai bilóxica é a muller por excelencia da nosa vida.

Cando a nai non pode exercer tan elevada función, delega noutra muller que é a nai en funcións e faino tan ben como a primeira. Por eso moitos temos máis dunha nai.

O primeiro coidador é o pai biolóxico e cando este non exerce, alguén deberá facer a súa función. Esto, nos primeiros tempos da nosa vida.

Logo de adultos precisamos de coidados cando nos encontramos enfermos. Neste momento interveñen familiares, amigos, personal sanitario e quen menos se pensa.
Eu téñome encontrado con persoas descoñecidas que pasaron comigo moitas horas de día e de noite no hospital.

Hai persoas con moitísima bondade que fan ben sen mirar a quen. Son persoas ás que eu califico como: ANXOS SEN ÁS.

Cando chega a senectude, aparece outra etapa de necesidade de atencións especialísima.

Nesta é na que me quero centrar nesta ocasión.
Teño visitado moitas residencias de anciáns ó longo da miña vida.
Residencias ateigadas de persoas en situación de dependencia severa. Máis severos uns casos que outros, pero severos en calquera dos casos.
Hai tantos casos como enfermidades: unhas veces enfermidade físicas, outras mentais, outra mixtas, outras por falta de afecto... Outras...Hai de todo.

Vaia o meu recoñecemento e agradecemento a todas persoas que atenden nas súas necesidades ás persoas maiores, ás persoas con enfermidades crónicas que son dependientes e a tódalas persoas en situación de dependencia:

-A tódolos pais e nais que teñen un fillo ou unha filla en situación de dependencia, -ben sexa por unha minusvalía física, polo síndrome de Dawn, por un accidente ou por outra razón- que se entregan ata que máis non poden para non abandoar o froito das súas entrañas.

-A tódolos fillos e fillas; xenros e noras, que facendo tantos sacrifícios como sexan necesarios, fan o posible e o imposible para que os seus proxenitores sexan ben atendidos no seu propio fogar.

Casos destes hainos hoxe en día e son moitos e moi exemplares. Moi cerca de min teño moitos.
Entre eles unha nora que dedica as 24 horas do día e os 365 días do ano ó coidado dos seus sogros, encamados ámbolos dous.
E non se pode dicir que esta nora teña unha saúde a proba de bomba. Ela tamén ten a súa saúde bastante tocada.
O que ten a proba de bomba é un corazón grade como un pan. Un CORAZÓN con maiúsculas.

-A tódolos esposos e esposas que se encontran con enfermidades de categoría como poden ser enfermedades crónicas como o alzheimer que imposibilitan e encaman á persoa enferma e ademais atan de por vida á compañeira.

Casos así tamén os coñezo. Persoas enfermas que levan encamadas a nivel vexetal moitísimos anos e sempre extraordinariamente ben atendiada no propio fogar.

E quizais o que máis me impresiona deste tipo de familias é que nunca se queixan e sempre se ven felices dentro da súa situación.
Alegan que se eles se viran nesa situación, tamén lles gustaría que lle propiciarann os mesmos coidados.

TEÑEN BEN CLARO QUE COA VARA QUE MIDAS, TE MEDIRÁN.

-A tódolos netos e netas; biolóxicos ou políticos que se esmeran por ofrecer cariño, comprensión e coidados os pais dos seus pais con tanto ou máis cariño que os propios fillos e fillas.

Casos destes, tamén os hai e teñen moito mérito
Coñezo vários casos:
O último é dunha neta política que tendo estudios para realizarse fóra da casa, encontrouse ó pouco de casarse con que a avoa do seu marido quedou paralítica cando esta xa tiña oitenta anos.
A avoa leva trece anos encamada e está esmeradamente atendida nas súas necesidades pola neta política; que renuncia a un soldo e a unha pensión o día de mañá por amor á súa avoa política.

Falando con esta rapaza que agora ten 38 anos, e leva desde o 25 coidando á avoa do seu marido; comprobei como ela esta moi satisfeita da súa misión na familia e encheume de satisfacción recibir unha noticia así de primeira man nestes tempos.

A miña valoración non podia ser outra que dicirlle:

“O QUE ESTÁS FACENDO NON TEN PREZO PORQUE NON HAI CARTOS QUE O PAGUE”

-A todo o persoal asistencial das residencias de anciáns dedicadas ó coidado de persoas maiores en situación de dependencia severa que polos motivos que sexan non poder estar atendiadas polas súas familias.
Estas persoas encóntranse cada día cun amplo mapa de persoas necesitadas de todo: coidados físicos, psíquicos, afectivos, saúde, soidade...
Son os ANXOS SEN ÁS que fan posible, cos seus coidados, a mellor calidade de vida que poden alcazar estas persoas.

Unha palabra, unha mirada, un sorriso, unha caricia, un cueiro que hai que cambiar, o baño diario, unha sonda que hai que controlar, a medicación prescrita, a hora das comidas, a hora de dormir, os coidados nocturnos, un mimo, etc, etc.

-A todo o persoal laboral que coida enfermos e anciáns no seu propio fogar supervisado por membros da família que non poden asistir directamente á persoa dependiente.

-A tódolos casos que se encargan do coidado das persoas dependentes, sexan cales sexan as súas circunstancias.

¿Sabe que existen moitos ANXOS SEN ÁS?
E paréceme que vostede é un deles. Se non fora así, non estaría lendo estas reflexións sobre un tema tan delicado.

Pois…¡Está vostede na lista dos que dan vida. Na lista da vida!

Se ben é certo que un país precisa dun tecido que produza bens económicos, non é menos certo que estas persoas son un piar fundamental na nosa sociedade.
Merecen a nosa admiración, o noso respeto, o noso recoñecemento e o noso cariño.

Estas persoas non saen asiduamente nos medios de comunicación para recoñecerlles o seu labor. Só saen cando se produce unha neglixencia.
Está claro que as neglixencias ninguén as desexa.

¿Que sería das persoas dependientes sen as persoas coidadoras?

Hai coidadores por amor e sen soldo e coidadores con soldo que tamén deben realizar a súa misión con amor, aínda que sexa un amor doutra maneira.
En calquera dos casos debemos recoñecer que o labor da persoa coidadora ten moitísimo valor.

E agora pregúntome eu:

¿Cal é maioritariamente o sexo da persoa coidadora?

Aquí si que coincidmos vostede e máis eu: o sexo feminino.
Si, o sexo que durante moito tempo se calificou como “sexo débil”

¿A que lle chamamos debilidade?

Para coidar una persoa dependiente hai que ter fortaleza física pero moita máis psíquica para sensibilizarse cos problemas da persoa dependente e estar á altura das circunstancias sen perder nunca a santa paciencia.

¿Certo?

¿Por qué será que maioritariamente son as mulleres as que se encargan destes coidados?

Certo que poderían facerse cargo destes labores os homes en igualdade de condicións; pero as estadísticas dinnos –polo menos até o de agora- que a muller é a que máis se ocupa desto.

A min paréceme que pode ser porque a muller ten máis capacidade de renuncia que o home.

E vólvome a preguntar:

-¿O home non ten capacidade para aprender a renuciar?

E se son as mulleres as que se veñen ocupando desto:

¿Recoñécenselle estes servizos á muller que coida das persoas dependentes da súa casa ( pais, sogros, irmáns, maridos, fillos…) de modo que teña dereito a cotizar á Seguridade Social para ter unha xubilación?

No caso de que foran homes, diría outro tanto.

Se vostede é unha desas santas persoas coidadoras:

-Saiba que está facendo un servizo moi importante.

-Saiba que somos moitas as persoas que valoramos o que está facendo.

-Saiba que todo ten a súa recompensa. A mellor recompensa para vostede sería non chegar a ser dependente.

¡Que teña moitísima sorte!

¡Deséxolla de todo corazón!

Se vostede é unha persoa dependente; lamento a súa situación e pido que nunca lle falte a gracia necesaria para levar o mellor posible a súa enfermidade.

¡E QUE NUNCA LLE FALTEN COIDADOS!

E se conserva a lucidez mental, por favor mostre agradecemento ás persoas coidadoras.
Elas agradeceranllo, aínda que non llo digan.

E polo que a min toca:

Quédolles moi agradecida a tódalas persoas que me coidaron nas miñas convalecencias e tamén a vostede por terme na súa consideración nesta ocasión.
E se o considera oportuno pode atoparme aquí o vindeiro xoves.
E se non, moitas grazas, de todas formas.
¡Aburiño! ¡Ata a próxima!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES